RUTA dos dólmenes

[RUTA DOS DÓLMENES] [O MEGALITISMO EN VIMIANZO]


Ruta dos Dólmenes
  • Duración: 2`5 horas aproximadamente.
  • Inicio: no km 62 de la AC- 552, entre Baio e Reparada, frente a un aserradeiro.
Tómase o desvío sinalizado en frente do aserradeiro, este lévanos por unha estrada estreita ata a aldea de Bamiro. Despois de percorres uns 2 km. dende o cruce, encontrámonos unha sinal a man esquerda, percorremos un 400 m. e atopanos a igrexa de Bamiro. Aí podemos deixar o coche e ir andando ata a ermita de Monte Torán, primeiro punto da ruta. Non vamos a atopar un dolmen senón unha evocación á lenda das mouras. Preto de Monte Torán atópase unha grande pedra de varias toneladas de peso. A lenda di que a levou alí a Virxen sobre a súa cabeza, voiar polos aires, mentres fiaba nunha rocha. Esta é unha lenda que soe explicar a existencia dalguns dólmenes. Orixinariamente a Virxen sería unha moura e posteriormente a lenda cristianizouse. No cume podemos ver a Ermida adicada á Virxen de Monte Torán e ladeira abaixo unha fonte milagrosa. Esta lenda foi recollida por José María Lema.

Baixamos outra vez ata a igrexa de Bamiro e as frechas condúcenos á estrade de Baio-Baíñas. Xiramos en dirección Baíñas, á dereita.

Pasamos por Tras do Cean, Cheis, Tines e antes de Xora e Sandrexo tamanos un desvío á dereita. Percorremos uns 2 km e chegamos ó dolmen de Pedra Cuberta que da nome á aldea. O dolmen está a man dereita a poucos metros da sinal.

Continuamos o traxecto de frente e á altura da aldea de Arxomil xiramos á esquerda. A estrada lévanos ata a igrexa de Treos despois de percorres uns 3 Km. aproximadamente. Alí xiramos á esquerda, percorremos aproximadamente 1,5 km. e chegamos a Cárneo.

Alí está sinalizado o desvío que conduce ó dolmen a man dereita frente á aldea. Non hai bos sitios para aparcar, recoméndase meterse polo camiño e aparcar nun ensanchamento que hai preto do cruce. Se continúa andando durante uns 200 m, está sinalizado o segundo desvío a man dereita, que despois duns 50 m. nos leva a un herbal onde está o dolmen de Pedra Moura, a man esquerda.

Volvemos á estrada e continuamos en dirección a Baíñas. Percorremos uns 2 km. e chegamos a Serramo. O dolmen de Pedra da Lebre está antes de entrar na aldea munha finca de eucaliptos a escasos metros da estrada.

Seguimos, pasamos a praza de Serramo e tomamos o primeiro desvío á esquerda, cara Comareiro. Atoparemos doas sinais que nos indican por onde continuar. Colleremos unha pista en bo estado. Percorremos aproximadamente 2 km e chegamos ó portal da finca onde está o dolmen. Aparcamos. Abrimos o portal e pechámolo. Vemos unha pista de frente, tomamos o primeiro desvío á dereita e seguimos de frente. A pista fai algo de curva, camiñanos uns 250 m. As sinais amarelas sinalan a ubicación do dolmen de Arca da Piosa, que se poda ver a distancia, se a vexetación non o impide. Está á esquerda.

Despois de velo regresamos a Serramo. Continuamos o percorrido na dirección a Baíñas. Cando chegamos ó cruce coa AC-441 (Negreira-Berdoias), seguimos de frente, percorremos uns 2 km aproximadamente e antes de entrar en Regoelle, hai un desvío a man esquerda. Dende aquí ata o dolmen hai 1 km aproximadamente. Trátase dun camiño de terra e hai que ter coidado cun bache, si se decide ir en coche. Pódese aparcar despois de pasar un regato e tomar un camiño en bo estado que está sinalizado. O dolmen de Pedra da Arca están nun herbal, debaixo dunha liña de alta tensióm, a man esquerda.

Regresamos a Baíñas e xiramos cara Berdoias, á esquerda. Vamos ata a entrada de Berdoias e vemos a indicación cara a esquerda. Atravesamos a aldea e ó rematar o firme aparcamos. Collemos un camiño de frente (se a vercha está pechada, abrímola). Temos que camiñar 1 km aproximadamente ata o dolmen chamado Casota de Freáns, que está a dereita.



Monte Torán. Ver foto ampriada. Arca da Piosa. Ver foto ampriada.

A?
Subir



O Megalitismo

Os megalitos son enterramentos das xentes que viviron nas nosas terras entre o 4000 e o 2000 a.C.
Era xente que non coñecía os metais, excepto na fase máis tardía, e que xa practican a agricultura e a gandería, aínda que a recolección de productos silvestres e a caza son actividades cun importante peso na súa subsistencia.
Estas tumbas son colectivas, é dicir, nelas están enterradas varias persoas. Nelas soe depositarse un enxoval composto por unha serie de obxectos como vasillas cerámicas, puntas de frecha, machados pulimentados...


O Monumento

A variedade de monumentos megalíticos é enorme. Soen ter estructuras arquitectónicas complexas. Un exemplo característico pode ser o seguinte:



Un conxunto de grandes pedras formando unha estructura pechada similar a unha casa que se denomina anta ou dolmen. No seu interior estarían depositados orixinariamente os corpos dos mortos co seu enxoval.




Posteriormente a cámara recóbrese cunha capa de terra e outra de pedras, que forman a coraza.


Orixinariamente presentaría un aspecto similar ó que vemos arriba.


O abandono do monumento e o paso do tempo fan que sobre el vaia crecendo a vexetación e se acumule terra, que acabará por ocultar a estructura orixinal. Tamén é frecuente a presencia dun burato no centro provocado polas escavacións furtivas na crenza de que nas mámoas se agochaban tesouros.


As Lendas

A sociedade galega tradicional con frecuencia relacionou os megalitos cos mouros e principalmente coas mouras, uns seres míticos, case sempre de extraordinaria beleza, que habitan nestes monumentos ou no seu entorno. Ás veces aparecen tamén como as constructoras dos megalitos transportando as grandes pedras sobre a súa cabeza, ou gardando os tesouros que se ocultan no interior do monumento.
Con frecuencia as xentes do lugar atópanse coas mouras mentres están fiando cun fuso e unha roca. Nestas ocasións non é estraño que os sometan a diferentes probas ou que utilicen os seus poderes máxicos contra a persoa que perturbou a súa actividade.




Ruta de Dólmenes. Ver mapa ampliado.
Subir


Dólmenes

A MINA
  • SAíDA: Castelo de Vimianzo.
  • KMS: 6,3
  • TEMPO ESTIMADO: 6 minutos (en coche).
  • PARROQUIA: Carantoña.
  • CRONOLOXÍA: 4000-3000 a.C.
  • CARACTERÍSTICAS:
    Trátase dunha mámoa violada, pois en 1936 foi obxecto de escavacións clandestinas realizadas por buscadores de tesouros. O mal estado deste túmulo pódenos servir para comprender na práctica a integración da anta no corpo da mámoa.

  • COMO ATOPALO:
    Sáese do castelo de Vimianzo con dirección a Fisterra e no primeiro cruce que atopamos collemos á dereita en dirección Camariñas. Seguímo-la estrada e a 6 quilómetros collemos á dereita no cruce que indica “Laxe”. A 300 metros á man dereita vemos un cartel que indica a situación do dolmen. Para acceder a el tómamo-la pista de cemento que nos leva a unha casa diante da cal hai un sendeiro que se adentra no monte e nos leva ó dolmen.
Mina de Recesindes. Ver foto ampliada.


PEDRA DA ARCA
  • SAíDA: Castelo de Vimianzo.
  • KMS: 18,5
  • TEMPO ESTIMADO: 20 minutos (en coche).
  • PARROQUIA: Baíñas.
  • CRONOLOXÍA: 4000-3000 a.C.
  • CARACTERÍSTICAS:
    Nun dos esteiros da cámara aparecen restos de gravados en forma de U ou V e tamén hai restos de pintura (manchas de cor vermella). É unha das antas máis grandes de Galicia tanto polo volume das lousas como pola amplitude do diámetro da súa mámoa. A tapa de cubrición pesa doce toneladas.

  • COMO ATOPALO:
    Sáese do castelo de Vimianzo en dirección Fisterra. A uns 8 quilómetros está o cruce cara Muxía e Negreira. Collemos en dirección Negreira ata chegar a Baíñas, onde atopamos un cruce no que un cartel indica a situación do dolmen á man dereita. Seguimos esa estrada ata ver un cartel que indica o dolmen nunha pista á esquerda. Continuámo-la pista atravesando unha ponte e a uns metros, nun prado á man esquerda, atopámo-lo dolmen.
Dolmen de Pedra da Arca. Ver foto ampliada.


CASOTA DE BERDOIAS
  • SAÍDA: Castelo de Vimianzo.
  • KMS: 9,3
  • TEMPO ESTIMADO: 15 minutos (en coche).
  • PARROQUIA: Berdoias.
  • CRONOLOXÍA: 2500-2000 a.C.
  • CARACTERÍSTICAS:
    Pola forma, a ausencia de corredor e a estructura tumular, forma parte do grupo de arcas megalíticas, antecesoras das cistas da Idade de Bronce. Nos esteiros aprécianse gravados de coviñas e tamén de cruces.

  • COMO ATOPALO:
    Sáese do castelo de Vimianzo en dirección Fisterra. A uns 8 quilómetros está o cruce cara Muxía e Negreira. Para acceder á aldea de Berdoias collemos en dirección Negreira; a uns poucos metros á man dereita hai un cartel que indica a ubicación do dolmen nunha pista estreita. Cruzamos a aldea e ó chegar a unha pista de terra seguimos por ela uns 900 metros e atopámo-lo dolmen.

Dolmen Casota de Freáns. Ver foto ampliada.
Subir


PEDRA CUBERTA
  • SAÍDA: Castelo de Vimianzo.
  • KMS: 7,1
  • TEMPO ESTIMADO: 15 minutos (en coche).
  • PARROQUIA: Treos.
  • CRONOLOXÍA: 4000-3000 a.C.
  • CARACTERÍSTICAS:
    É un dos monumentos megalíticos mellor coñecidos de Galicia debido ós estudios que Georg e Vera Leisner realizaron nos anos 30 sobre a decoración pictórica do corredor: debuxos de cor negra e vermella sobre fondo branco, así como representacións serpentiformes, ondulados e círculos concéntricos. As pinturas atópanse entre as representacións máis importantes da arte megalítica europea.

  • COMO ATOPALO:
    Sáese do castelo de Vimianzo en dirección Fisterra e no primeiro cruce que atopamos collemos unha pista á esquerda. Seguímo-la pista ata chegar a Areosa e alí atopamos un desvío á esquerda cun indicador que sinala “Pedra Cuberta e Xora”. Collemos esa pista e a 200 metros xiramos á dereita e continuamos ata chegar ó cartel que indica o dolmen.
Dolmen de Pedra Cuberta. Ver foto ampliada.


PEDRA DA LEBRE
  • SAÍDA: Castelo de Vimianzo.
  • KMS: 8,1
  • TEMPO ESTIMADO: 20 minutos (en coche).
  • PARROQUIA: Serramo.
  • CRONOLOXÍA: 4000-3000 a.C.
  • CARACTERÍSTICAS:
    É de grandes proporcións. Tipoloxicamente pertence ó grupo dos monumentos de cámara poligonal e corredor curto. O grosor medio dos grandes esteiros está por enriba dos 70 cm.

  • COMO ATOPALO:
    Seguímo-los pasos para atopar Pedra Cuberta ata chegar a Areosa e alí, en lugar de coller cara Pedra Cuberta ou Xora seguímo-la estrada e a 100 metros hai un cruce que collemos á dereita ata chegar ó cartel que indica “Xallas (Serramo)”, no que xiramos á esquerda ata chegar á igrexa de Serramo, onde hai un cruce que tomamos á esquerda. Dende este cruce contamos 700 metros e á esquerda hai un eucaliptal no que se atopa o dolmen (para atopalo facilmente recoméndase conta-los 700 metros xustos).
Dolmen de Pedra da Lebre. Ver foto ampliada.


PEDRA MOURA
  • SAíDA: Castelo de Vimianzo.
  • KMS: 9,8
  • TEMPO ESTIMADO: 25 minutos en coche y 10 a pie.
  • PARROQUIA: Serramo.
  • CRONOLOXÍA: 4000-3000 a.C.
  • CARACTERÍSTICAS:
    A anta sitúase no centro dunha mámoa duns 15 metros de diámetro. Presenta restos de pintura no inicio do corredor.

  • COMO ATOPALO:
    Facemos o mesmo percorrido que para ir á Pedra da Lebre e continuamos pola mesma estrada onde se atopa este dolmen. Chegamos a un desvío no que hai un cartel que indica “Cárneo, Colúns e Treviño”. Ó pasar este cruce a uns metros atopamos unha pista de pedra á esquerda, seguímola 500 metros ata un desvío á dereita (aquí é onde debemos deixa-lo coche). Camiñamos por este sendeiro uns 10 minutos ata un prado no que hai dúas chantas na entrada, e no alto podemos ve-lo dolmen.

Dolmen de Pedra Moura. Ver foto ampliada.
   
MENÚ QUe VER