Concello de Vimianzo
24 de outubro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Currículo Vitae

Expresión clara e concisa sobre os datos persoais, a formación e a experiencia profesional da persona que aspira a un emprego. O primero obxectivo á hora de preparar o currículo é lograr unha entrevista.


Trátase dun resumo, un esquema claro e conciso dos antecedentes, estudos, coñecementos, experiencia profesional e todos aqueles datos que axuden a entender a traxectoria profesional. Trátase de poñer de manifesto as competencias para desenvolver unha ocupación específica.

Principais modelos:
  • Cronolóxico: os contidos ordénanse do máis antigo ao máis inmediato ou de xeito inverso. Permite mostrar a evolución tanto formativa coma profesional.
  • Funcional: preséntase a experiencia agrupada por funcións, logros ou sectores de actividade. Permite poñer de manifesto as capacidades adquiridas ao longo do tempo, ordenadas segundo ocupacións.

Consellos a ter en conta

En relación ao contido:

  • Debe estar adaptado á oferta de traballo á que se opta.
  • Redactado de forma esquemática, mellor canto máis preciso.
  • Resaltar os puntos fortes, evitando mencionar aquilo que poida perxudicar.
  • Evitar que se produzan lagoas ou baleiros (se é así, evita as datas).
  • Non achegar nin títulos orixinais nin copias (se non o piden expresamente)

En relación á presentación:
  • Unha ou dúas follas como máximo (tamaño DIN A- 4).
  • Coidar a gramática e a ortografía e o xeito de expoñer os contidos.
  • Escrito a ordenador (evita facelo a man, salvo que o pidan expresamente).
  • Achegar unha foto recente, preferiblemente orixinal.

Estrutura

Datos persoais:

  • Nome apelidos
  • Enderezo (con poboación e código postal)
  • Teléfono (fixo e móbil)
  • Correo electrónico
  • Lugar e data de nacemento
  • DNI
Formación:
  • Formación regrada/titulacións oficiais (ano, título, centro, lugar)
  • Formación non regrada (ano, nome do curso, centro, lugar, horas)
  • Formación complementaria (xornadas, seminarios, congresos, conferencias…)
  • Informática (nome, centro, horas)
  • Idiomas (idioma, nivel, titulación, centro, ano)
Experiencia laboral:
  • Incluír todo tipo de experiencias, ainda que non estean relacionadas coa túa formación (iso demostrará que es unha persoa activa): con contrato, prácticas, voluntariado…
  • Detallar, comezando polo traballo máis recente, o posto ou cargo ocupado, as tarefas e responsabilidades principais, a empresa ou entidade, lugar.
Outros datos de interese:
  • Neste apartado incluirase o resto de información que poida resultar relevante: referencias, disponibilidade, mobilidade, permiso de conducir, .....

CURRÍCULOS CREATIVOS

CURRÍCULOS CREATIVOS

Aínda que o currícolo segue xogando un papel primordial nos procesos de selección, cada día cobran máis forza os novos formatos que buscan marcar a diferencia dentro dun mundo laboral cada vez máis difícil e masificado.

Estes novos tipos de CV válense das novas tecnoloxías para lograr a máxima difusión.

  • CURRÍCULO GRÁFICO
    • Cunha estructura moi parecida ao currículo clásico pero cambiando o xeito de presentar a información. Necesíntanse coñecementos en programas de deseño e creatividade. As ferramentas máis indicadas para facer un currículo deste tipo son: Photoshop, Indesing ou Illustrator.
  • CURRÍCULO INFOGRÁFICO
    • Trátase dunha representación gráfica dun concepto, ben en forma de gráfico ou de debuxo. As ferramentas máis axeitadas son: cvgram.me, visualize.me, re.vu, kinzaa e resumUP.com.
  • CURRÍCULO SOCIAL
  • Imprescindible para adaptarnos aos novos tempos 2.0. Este tipo de currículo compártese nas redes sociais polo que resulta moi importante controlar a imaxe, a nosa marca persoal. Ferramentas para facelo: Pinterest, Twicver, Mightworld.
  • VIDEOCURRICULO
    • Novo método para atopar emprego, opción ideal para amosar ao entrevistador quen está detrás do currículo clásico e poder poñer cara á persoa e ver como interactúa. O máis importante é a imaxe persoal e a presentación do espazo.
  • CURRÍCULO WEB
    • Consiste en buscar un portal que ofreza a posibilidade de xerar un currículo e posteriormente difundilo polo que ademais de obter un currículo cun bo deseño, contas tamén cunha URL personalizada que podes compartir nas redes sociais. O máis importante é saber dinamizalo en Internet e telo actualizado. Ferramentas para facelo: Easy-CV, Do you buzz, Cuvitt, Resumonk e Visualcv.

CURRÍCULO EUROPASS

EUROPASS

É o formato unificado de currículo vitae que propón a Unión Europea para facilitar a busca de emprego dos traballadores nos diferentes países de Europa.

O seu obxectivo é facilitar a mobilidade entre traballadores por toda Europa, presentando as capacidades e cualificacións de xeito sinxelo e facilmente comprensible en todos os países europeos.

Componse de 5 documentos dos que o currículo é a peza principal ainda que non a única. Os documentos que o compoñen son: pasaporte de linguas, documento de mobilidade, suplementos ao título superior e certificados. Mentres que o curriculum e o pasaporte de linguas pódese crear por un mesmo, os outros tres documentos, teñen que ser expedidos polas autoridades educativas de cada país.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
2
3
9
11
12
13
15
16
17
18
19
20
23
25
26
27
29
30
31
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X