Concello de Vimianzo
22 de novembro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Carantoña

  • Sabadelle, Carantoña

Superficie: 14,045 km2.
Habitantes
Lugares: A Casa do Prado, Braño, Carantoña, Figaredo, Gralleiras, Lexas, Recesindes, Tras do Ceán.

A parroquia de Carantoña toca o mar no punto norte e limita ao noroeste co concello de Camariñas, polo nordeste e leste coa parroquia de Calo, polo sureste con Vimianzo, polo suroeste con Carnés e Cereixo e polo oeste co concello de Camariñas.

A parroquia de Carantoña é a unica saída ao mar do concello de Vimianzo na enseada de Sabadelle (nos coídos da Señora e de Sabadelle). Continuando coa paisaxe temos que destacar os Penedos do Piñeo, macizo de características semellantes aos Penedos de Pasarela (Calo), formados por varios cumes (O Castelo, Cotón Gordo, Alto de Rascalobos, etc.). Este macizo esténdese pola parte norte da parroquia de Carantoña de forma circular e vaise estreitando ata rematar na enseada de Sabadelle.

A pegada megalítica está presente co dolmen coñecido como Mina de Recesindes, que se atopa na lugar do mesmo nome, datado do IV – III milenio a. C. Esta mámoa foi profanada en 1936 por buscadores de tesouros.

En canto á fidalguía local, no lugar de Carantoña, case pegada á igrexa parroquial de San Martiño, quedan vestixios do que foi o Pazo de Carantoña.

Nesta parroquia hai que mencionar tamén a central eléctrica no regato Cruz Canle e a desembocadura do mesmo no río Grande, que forma parte da paisaxe do lugar.

Festas: Nª Sra. Do Carme, Virxe da Xunqueira (1ª fin de semana de agosto), San Martiño (13 de novembro)

Os datos deste apartado foron sacados de: A Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte (varios autores, Xosé Mª Lema, coord.), Os mellores pazos da Costa da Morte (Xosé Mª Lema), A arte relixiosa da Terra de Soneira (Xosé Mª Lema) e do Instituto Nacional de Estatística (datos de poboación de 2011).

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
1
2
3
6
7
8
9
10
12
13
14
15
16
17
20
21
22
23
27
28
29
30
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X