Concello de Vimianzo
23 de outubro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

José Miguel Figueira Domínguez (16-04-74)

  • José Miguel Figueira Domínguez
  • José Miguel Figueira Domínguez
  • José Miguel Figueira Domínguez
  • José Miguel Figueira Domínguez
  • José Miguel Figueira Domínguez
  • José Miguel Figueira Domínguez

O futbolista soneirán comezou a súa carreira deportiva no Bergantiños. A partires de aí foi subindo chanzos que lle permitiron militar en coñecidos clubs do panorama nacional. Militou fundamentalmente en 2ª división B, aínda que tamén chegou a xogar en 2ª A. Co Levante estivo a piques de ascender á 1ª división. Entre os seus logros máis destacados podemos citar as dúas Copas Generalitat Valenciana que lle arrebatou a dous equipos contrastados internacionalmente: o Valencia e o Villareal.

No ano 2009 Miguel recala no Soneira, o equipo da súa vila. Nesa temporada o equipo milita en 1ª Autonómica e Miguel ten un papel destacado. Un gol seu no último minuto do último partido de liga dálle o ascenso ao equipo a Preferente autonómica. No 2011 retirouse despois dunha impresionante temporada na que o equipo acadou a súa mellor clasificación da historia (6º clasificado en Preferente Autonómica). O mesmo día da retirada Miguel puido levantar un dos trofeos máis ansiados polo futbolista, a Copa da Costa.

Traxectoria Deportiva

  • 1989 – 1994FC Bergantiños: Liga Galega na categoría Xuvenil e en 3ª.
  • 1994 – 1998RC Deportivo B: 3ª e 2ª B.
  • 1998 – 2001Levante UD: 2ª B e 2ª A.
  • 2001 – 2004CD Castellón: 2ª B.
  • 2004 – 2005Girona FC: 2ª B.
  • 2004 – 2005CD Lugo: 3ª.
  • 2005 – 2007UE Figueres: 2ª B.
  • 2007 – 2008Castelldefels UE: 2ª B.
  • 2008 – 2009Montañeros CF: 3ª e 2ª B.
  • 2009 – 2011Soneira SD: 1ª Autonómica e Preferente Autonómica.

Palmarés

  • 1994 Campión de Liga co Bergantiños (3ª)
  • 1995 Ascenso a 2ª B co Deportivo B
  • 1999 Campión de Liga co Levante (2ª B) e ascenso a 2ª A.
  • 1999 Campión de Copa Generalitat Valenciana.
  • 2001 Campión de Copa Generalitat Valenciana.
  • 2003 Campión de Liga co CD Castellón (2ª B).
  • 2009 Ascenso a 2ª B co Montañeros CF.
  • 2009 Ascenso a Preferente Autonómica co Soneira SD.
  • 2011 Campión da Copa da Costa co Soneira SD.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
2
3
9
11
12
13
15
16
17
18
19
20
23
25
26
27
29
30
31
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X