Concello de Vimianzo
12 de decembro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Xosé Mª Lema Suárez

Xosé Mª Lema Suárez

Naceu o 30 de setembro de 1950 na parroquia vimiancesa de San Amedio de Bamiro (Terra de Soneira).

Catedrático de Xeografía e Historia de ensino secundario desde 1992. Empezou o seu labor docente no instituto de FP Fernando Blanco de Lema, de Cee (1976-1978), como profesor de Lingua Inglesa e de Lingua Castelá. Pasou logo ó instituto Politécnico Marqués de Suanzes, de Ferrol, como profesor de Formación Humanística (1979-1982), e, desde 1982 ata a súa prexubilación en 2011 impartiu clases de F.H. e de Historia no IES Antón Losada Diéguez, da Estrada. Foi tamén profesor asociado do Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago (curso 1991-1992).

Doutor en Historia da Arte con Premio Extraordinario de Doutoramento do curso 1990-1991 da Universidade de Santiago, coa tese A Arte Relixiosa no arciprestado de Soneira (xaneiro 1991), que foi a primeira redactada e defendida en lingua galega na especialidade da Historia da Arte.

Foi tamén profesor-colaborador do ILGa e da Dirección Xeral de Política Lingüística nos primeiros cursos de lingua galega para a reciclaxe de profesores de EXB de 1977 a 1985, e tamén colaborou co Seminario de Didáctica da Historia do ICE da Universidade de Santiago no 2º ciclo do CAP.

Así mesmo, impartiu cursos de lingua, historia e historia da arte galega na Cátedra ‘Alfonso R. Castelao’ da Universidade de Buenos Aires, República Arxentina (meses de setembro dos anos 1996, 1997 e 1998).

Participou como relator en congresos de historia, lingüística e onomástica convocados polo Museo do Pobo Galego, o Consello da Cultura Galega, o Instituto da Lingua Galega, ou celebrados nas universidades de Tréveris (Alemaña) –XVIIIth International Congress of Onomastic Sciences, convocado polo ICOS-, Nova York, Oxford, La Habana, Barcelona, etc.

Coordinou o I e II Simposio de Historia da Costa da Morte (1999 e 2000) organizado pola Asociación Neria e foi vocal do Comité Científico do V Congreso Internacional de Asociacións Xacobeas. Fin de Milenio. Fisterra (Cee, 1999). Tamén coordinou a catalogación do “Patrimonio Etnográfico Inmobiliario da Costa da Morte” (fases I, II, III: 1993-1996) –en colaboración con Ramón Gándara Martínez e Roberto Mouzo Lavandeira-, e colaborou no Proxecto de “Conservación e Revalorización Sociocultural do Patrimonio Megalítico da Costa da Morte” (dirixido por A.A. Rodríguez Casal, da Universidade de Santiago).

Entidades ás que pertence

Membro correspondente da Real Academia Galega [RAG] (2002) e numerario (patrón) do Museo do Pobo Galego (2005). Tamén pertence á Asociación Galega de Onomástica (AGOn), á Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), á Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG), a Nova Escola Galega (NEG) e a ProLingua (PL), asociación apartidaria e plural na defensa da lingua galega. Desde o ano 2005 é presidente Seminario de Estudos Comarcais para a Promoción do Patrimonio Cultural da Costa da Morte (SEMESCOM). 

Premios

Un estudio do hábitat rural galego

  • En 1976 recibiu en Baio o premio Pedrón de Ouro de Etnografía por un estudo sobre a arquitectura rural da súa parroquia natal (Bamiro). O traballo publicaríase ó ano seguinte co título Bamiro. Un estudio do hábitat rural galego; COAG, Santiago 1977.





  • Ademais do citado Premio Extraordinario de Doutoramento (1990-1991) da Universidade de Santiago, en 1994 recibiu e Boborás (Ourense) o premio ‘Losada Diéguez’ de Investigación pola súa obra A Arte Relixiosa na Terra de Soneira.

A Arte Relixiosa na Terra de Soneira

  • O 18-12-1992 o Grupo PX entregoulle na Ponte do Porto o premio Blas Espín polas actividades culturais realizadas na comarca.
  • O 14-03-1997 as entidades dos concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas, outorgáronlle en Vimianzo –xunto con outras cinco persoas- a distinción de Soneirán de Honra “pola súa importante aportación ó traballo colectivo a prol do recoñecemento oficial da Terra de Soneira”.
  • En 2009 a A. de VV. “San Mamede de Bamiro” distinguiuno como “Personaxe do ano” da súa parroquia natal.
  • En 2010 recibiu na Estrada, na Fundación de Exposicións e Congresos, o premio Xornalístico ‘Reimóndez Portela’, na súa 15ª edición, por cinco artigos en defensa da lingua galega.
  • O 11-10-2014 recibiu en Vigo o Premio da Crítica Galicia 2014 de Creación literaria (á mellor obra literaria de 2013) pola súa novela Costa do Solpor.

Costa do Solpor

  • O 19-03-2015 recibe en Cee o Premio Radio Nordés-Cadena SER de Divulgación do patrimonio da Costa da Morte.

LIBROS PUBLICADOS (de historia, historia da arte, etnografía, lingua etc.)

1) Bamiro. Un estudio do hábitat rural galego(1977); Colexio de Arquitectos de Galicia, Santiago (106 pp.)
Un estudo da arquitectura rural desta parroquia, polo que recibiu o premio Pedrón de Ouro de Etnografía 1976

Lúa Nova

2) Lúa Nova-5 (1980); Ed. Anaya, Madrid (271 pp.)
En colaboración con Manuel Rico Taboada).
Un dos primeiros libros de lecturas en galego para a EXB.







FP

3) Lingua Galega 1º (FP-1) [1982]; Edicións Xerais, Vigo (262 pp.).

4) Lingua Galega FP-1º grao (1985); Edicións Xerais, Vigo (304 pp.)
Os primeiros –e únicos- libros de texto para o ensino da lingua galega na extinguida FP.



Historia do C.D. Baio e da Liga da Costa

5) Historia do C.D. Baio e da Liga da Costa (1989); Concello de Zas; Zas (312 pp.).

Unha investigación histórica que alterna a historia deportiva dun club modesto coa historia local dunha pequena vila de Baio ó longo do séc. XX. Foi finalista dos Premios da Crítica Galicia de 1990, no apartado de Investigación.




6) A Arte Relixiosa no Arciprestado de Soneira (desde o 1500) [1992]; tese en microficha núm. 206; Servicio de Publicacións e Intercambio Científico; Universidade de Santiago.
 
7) A Arte Relixiosa na Terra de Soneira (3 volumes, 2194 pp.) [1993, 1ª edición];  Fundación Universitaria de Cultura, Santiago; [1998, 2ª edición]: Asociación Neria/U. dos V./ Revista Coordenadas; Santiago. 

Extensa obra na que se estuda a arquitectura, retablística, escultura e ourivería das 33 parroquias desta comarca (36 igrexas parroquiais e 22 santuarios), e foi distinguida co Premio ‘Antón Losada Diéguez’ de Investigación de 1994 en Boborás (Ourense); con anterioridade fora finalista do ‘Premio da Crítica Galicia’ de Investigación do mesmo ano.

O castelo de Vimianzo e os Moscoso de Altamira

8) O castelo de Vimianzo e os Moscoso de Altamira (1998); Deputación da Coruña, A Coruña (87 pp.).

Obra realizada en colaboración con R. Mouzo Lavandeira (autor dos planos e debuxos); trata da historia desta fortaleza desde a Idade Media á actualidade, acompañada dun resumo da xenealoxía da familia Moscoso, condes de Altamira. Nárranse tamén certos sucesos que tiveron estas torres como escenario: as loitas irmandiñas e señoriais de fins da Idade Media, a represión de 1936, etc.

9) Arquitectura megalítica da Costa da Morte [antas e mámoas] (1999); Asociación Neria, Santiago (94 pp.)*.

Unha guía sobre o rico patrimonio megalítico da Costa da Morte, entre o que se atopan antas da importancia da Pedra da Arca de Cerqueda (Malpica), Dombate, Pedra Cuberta, Arca da Piosa, Pedra da Arca de Regoelle ou a Mina da Parxubeira.

*Traduciuse ó castelán co o título: Caminando entre dólmenes: arquitectura megalítica de la Costa da Morte (Galicia) (2001); Asociación Neria, Cee (98 pp.).

Os mellores pazos da Costa da Morte

10) Os mellores pazos da Costa da Morte (2001); Asociación Neria, Santiago (144 pp.).         

Unha guía dos pazos e casas brasonadas das comarcas da Costa da Morte (Bergantiños, Terra de Soneira, comarca de Fisterra e Baixo Xallas).







Novela

Costa do Solpor

- Costa do Solpor (2013);  Edicións Xerais de Galicia, Vigo (663 pp.).

Ambientada na cidade da Coruña e na Costa da Morte, a mediados do séc. XVIII. Narra a viaxe de volta d’A illa do tesouro (a famosa obra de R. L. Stevenson).

Foi finalista do Premio Xerais de Novela (2011), do Losada Diéguez de Creación Literaria (2013) e Arcebispo San Clemente (2013). Finalmente recibiu o Premio da Crítica Galicia 2014 de Creación Literaria (á mellor obra de 2013).
Comentarios críticos a esta obra en www.costadosolpor.blogspot.com.



OBRAS EN EQUIPO (de lexicografía, lingüística, onomástica, etc.)

1) “Vocabulario galego-castelán” do Diccionario Enciclopédico Argos-Vergara. Vocabularios Catalán, Euskera, Gallego, Portugués; Ed. Argos Vergara, Barcelona, 1984.
En colaboración con C. Ares, X.Mª Carballeira e P. Iglesias.

2) Diccionario Xerais da Lingua; Edicións Xerais, Vigo (1ª ed. 1985, na que, ademais, realizou funcións de coordinación); obra que tivo varias edicións (a última, de 2004) e múltiples reimpresións.
En colaboración con C. Ares, X.Mª Carballeira, P. Iglesias e R. López.

3) Pequeno Diccionario Xerais da Lingua; Edicións Xerais, Vigo (1ª ed. en 1989, a última [17ª], de 2004). Moitas reimpresións.
En colaboración con C. Ares, X.Mª Carballeira, P. Iglesias e R. López.

4) Diccionario Castelán-Galego de Usos, Frases e Sinónimos; Edicións Xerais, Vigo (1ª ed. 1990).
En colaboración con C. Ares, X.Mª Carballeira, C. Hermida, P. Iglesias e R. López.

5) Gran Dicionario Xerais da Lingua; Edicións Xerais, Vigo (1ª ed., 2000).
Obra con máis de 96.000 entradas.
En colaboración con C. Ares, X.Mª Carballeira, C. Hermida, P. Iglesias e R. López.

6) Edigal-Galego. Método audiovisual para a aprendizaxe da lingua galega; Edigal, Santiago, 1985 (1ª ed.), e 1994 (2ª ed.).
Formando parte do Colectivo Albariza, xunto con X. García Cancela, M. González, H. Monteagudo, H. Pousa, X.L. Regueira e X. Varela.

7) Versión galega do Diccionario Básico Ilustrado Español-Inglés-Galego (4 tomos); Ediciones Nos, A Coruña, s/d.
En colaboración con Inés Ruibal.

8) Diccionario dos Nomes Galegos (dir. por X. Ferro Ruibal); Ir Indo Edicións, Vigo,1992 (664 pp.).
A obra máis completa da onomástica galega.
En colaboración con X. Ferro Ruibal (dtor.), A.I. Boullón, X. M. García e F. Tato Plaza.

9) O teu nome (dir. Por X. Ferro Ruibal); Ir Indo Edicións, Vigo, 1994   (254 pp.).
Edición reducida da obra anterior.
En colaboración con X. Ferro Ruibal (dtor.), A.I. Boullón, X. M. García e F. Tato Plaza.
A obra máis completa da onomástica galega.
En colaboración con X. Ferro Ruibal (dtor.), A.I. Boullón, X. M. García e F. Tato Plaza.

Dicionarios

Descargas

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
3
4

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X