Concello de Vimianzo
19 de outubro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Prehistoria. Neolítico

  • Dolmen A Mina
  • Dolmen Arca da Piosa
  • Dolmen Casota de Freáns
  • Dolmen de Pedra Moura
  • Dolmen de Pedra da Lebre
  • Dolmen de Pedra Cuberta
  • Monte Torán
  • Petroglifos de Berdoias

Prehistoria. Neolítico

Na senda que conduce ao nacemento de todos os tempos puidemos chegar en Vimianzo ata o período máis recente da prehistoria: o neolítico. Adóitase definilo como a etapa na que a economía baseada na caza e a recolección (propias das etapas coñecidas como paleolítico e mesolítico), dá paso a un sistema económico no que predominan a agricultura e a gandería. As condicións climatolóxicas permiten o desenvolvemento dos cultivos e tamén da artesanía. É un período que se prolonga aproximadamente dende o V ata o III milenio a. C.
O agre dos nosos solos impediu a conservación de restos orgánicos; porén, os depósitos megalíticos son especialmente abundantes no territorio vimiancés, destacando ademais do número o seu bo estado de conservación.

Rutas do neolítico en Vimianzo

  1. Monte Torán. Bamiro (acceso sinalizado, ITINERARIO 4). Nas inmediacións da ermida da Virxe de Monte Torán atópase unha gran pedra de varias toneladas de peso. A lenda di que a levou ata alí a Virxe na cabeza, voando polos aires mentres fiaba nunha roca e que, ao deixala no alto do monte, se partiu en dúas. Esta descrición é moi similar á que se lle atribúe á personaxe de ultratumba, a moura, que explica a existencia dos dolmens en moitos lugares de Europa. Esta lenda foi recollida polo investigador Xosé Mª Lema Suárez e está incorporada a un estudo realizado polo filólogo Fernando Alonso Romero titulado As mouras construtoras de megalitos: estudo comparativo do folclore galego co doutras comunidades europeas. Nel o autor expresa a súa opinión de que as divindades femininas precristiás, moi arraigadas entre as xentes do pobo, foron convertidas en virxes ou santas durante o proceso de cristianización. De aí que se lle outorguen os mesmos atributos a unha figura pagá como a moura e á Virxe María.

  2. Pedra Cuberta. Treos (acceso sinalizado, ITINERARIO 3). Crese que este dolmen puido ser construído entre os milenios IV e III a. C. Está considerado como un dos máis importantes de Galicia e foi estudado nos anos 30 polos arqueólogos alemáns Georg e Vera Leisner, que publicaron posteriormente o resultado das súas investigacións. No lugar atopáronse debuxos sobre as paredes do megalito en cor negra e vermella sobre unha capa branca que recordan ás pinturas prehistóricas levantinas.

  3. Pedra da Moura, Carnio-Treos. Situado preto da aldea de Carnio, no medio dun herbal. O seu estado de conservación é moi deficiente. A súa cronoloxía é semellante á do dolmen de Pedra Cuberta.

  4. Pedra da Lebre. Serramo. Está próxima á estrada que une Baio e Baíñas, a algo máis de medio quilómetro da aldea de Serramo. O seu estado de conservación tamén é deficiente.

  5. Pedra da Arca co Casa das Mouras. Baíñas (acceso sinalizado, ITINERARIO 3). Para acceder a el é preciso tomar en Baíñas a estrada que conduce a Olveira. Antes de entrar na aldea de Regoelle hai que desviarse tomando unha estreita pista á esquerda (está sinalizada). Cronoloxicamente a Pedra da Arca sitúase entre os milenios IV e III a.C. Este monumento de grandes dimensións tamén foi estudado polos Leisner. Nesa zona o relevo do terreo dá pistas sobre a existencia de abundantes mámoas.

  6. Dolmen de Freáns ou Casota dos Mouros. Berdoias (acceso sinalizado, ITINERARIO 2). Ao chegar a Berdoias hai que atravesar a aldea ata chegar a unha corredoira. Seguindo por ela cerca dun quilómetro e logo de pasar unha carballeira atópase a anta á beira do camiño.
    É unha construción de tipo moi especial dentro do megalitismo galego xa que son poucos os monumentos desta tipoloxía. Sitúase cronoloxicamente entre o ano 2.500 e o 2.000 a.C. Consta dunha cámara rectangular formada por tres lousas chantadas moi ben traballadas e fincadas no solo verticalmente que soportan unha cuberta dunha soa peza. Nas lousas chantadas amosa moitos gravados, coviñas e algún cruciforme que denotan, como é usual, a vontade de cristianización do megalito.

  7. Petróglífos de Boallo. Boallo- Berdoias (acceso sinalizado, ITINERARIO 2). Están situados nun terreo de monte, preto de Boallo, camiño de Muxía, á man dereita. A cronoloxía deste tipo de debuxos sitúase aproximadamente no segundo milenio a.C.

  8. Dolmen da Mina. Recesindes-Carantoña (acceso sinalizado, ITINERARIO 2). Para chegar ata el hai que tomar a estrada que vai de Vimianzo a Camariñas, onde se colle o desvío que conduce a Laxe, en Recesindes. A uns 300 metros do cruce, á man dereita, está sinalizado o camiño que conduce a este dolmen, que se atopa en mal estado de conservación, dentro dun terreo privado. Tense noticia da existencia dun importante conxunto de petróglifos en Carnés, e de feito aparecen recollidos en varios inventarios oficiais, pero o certo é que as persoas que os buscaron na actualidade non foron quen de atopalos.

Achegamento á historia de Vimianzo:
Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
2
3
9
11
12
13
15
16
17
18
19
20
22
23
25
26
27
29
30
31
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X