Concello de Vimianzo
19 de outubro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Youth Acting in Rural Europe

Que é Youth Acting in Rural Europe?

Youth Acting in Rural Europe é un proxecto europeo dirixido á xuventude, que xira arredor das temáticas do emprendemento xuvenil, a iniciativa social e o intercambio patrimonial natural e cultural, como eixos do desenvolvemento local rural e da construción dunha identidade europea común. O proxecto está cofinanciado polo programa ERASMUS+ 2014-2020 (Xuventude en Acción), e ten como obxectivo principal mellorar as competencias dos mozos/as participantes no proxecto en relación con esas temáticas, a través da aprendizaxe non formal.

En que consiste?

O proxecto consiste nun intercambio xuvenil que se levará a cabo en Vimianzo (Galicia, España) durante 8 días de actividades, desde o 28 de xuño ata o 5 de xullo de 2015. Nel participarán 30 mozos/as e 6 líderes de grupo de 6 países da Unión Europea: Portugal, Irlanda, Francia,Italia, Eslovaquia e España.

Obxectivos

Os obxectivos específicos do proxecto son:
  • o fomento e a posta en práctica de competencias pre-laborais como a iniciativa empresarial, a creatividade, o traballo en equipo, a comunicación, a negociación...
  • o fomento da participación dos mozos/as nas accións de dinamización social e do patrimonio e tradicións da vida local
  • o fomento do sentimento de pertenza común á UE
  • a sensibilización da mocidade cara a valores como a solidariedade, a amizade, a democracia, a cooperación e a empatía
  • a adquisición de coñecementos sobre outras realidades culturais, e de habilidades e actitudes que lles permitan levar a cabo unha intercomunicación cultural positiva, cara á convivencia multicultural enriquecedora e o intercambio cultural activo
  • a sensibilización sobre a necesidade de adquirir hábitos de lecer saudables relacionados coa participación positiva na contorna ambiental e comunitaria e a práctica de actividades ao aire libre.

Actividades

O intercambio xuvenil incluirá actividades de aprendizaxe non formal e informal, consistentes en talleres, presentacións, debates, dinámicas, actividades deportivas e de lecer ao aire libre, xogos de rol, visitas etc. Así mesmo, os mozos/as terán a oportunidade de coñecer desde a práctica unha experiencia de iniciativa local, xa que os días de intercambio coincidirán coas accións de preparación e participación cidadá no «Asalto ao Castelo de Vimianzo», evento de valorización do patrimonio cultural da localidade.

Prazo de presentación

Mozos e mozas de entre 18 e 25 anos residentes nos concellos participantes no proxecto.

Prazo de presentación

Os mozos e mozas con interese en participar no proxecto deben cubrir o formulario que se acompaña. O dito formulario debe presentarse de forma persoal no Departamento de Promoción Económica do Concello de Vimianzo, ou por vía telemática mediante correo electrónico ao enderezo desenvolvemento.local@vimianzo.gal, antes do día12 de xuño de 2015 ás 14:00 horas.

Onde podo saber máis?

Para obter máis información sobre o proxecto e solicitar a participación neste, podes poñerte en contacto con:

  • Concello de Vimianzo, Departamento de Promoción Económica
  • Teléfono:981 716 001
  • E-mail:desenvolvemento.local@vimianzo.gal

Descargas

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
2
3
9
11
12
13
15
16
17
18
19
20
22
23
25
26
27
29
30
31
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X