Concello de Vimianzo
17 de outubro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

"As Torres de Vimianzo"

(Recordos e soedades)
I
¡ Xa fai moitos anos o señor fidalgo
xentil cabalgaba nun pedrés garrido,
eu, rapás aínda, á forza de espora
no meu faquinete, ben pequeno e vivo,
de par me sostiña; meu pai seu cabalo
sentado levaba, paso de camiño;
detrás noso paxe, Ramón Crus e Sánchez,
trota no seu faco mercado en Verdillo.

(…)
Do Pombal saíramos cando alboreaba,
tras do río Sarces, o verde Matío,
fumegando quedan, os carros xa cantan;
nós a Vimianzo cara ás torres imos,
e vamos a velas, que xa traspuxemos
do val tan formoso os penedos irtos.
¡Dios mío, Galicia! ¡Canto a Dios lle debes!
coas túas milleiras, e prados e pinos,
chans, castros, penedos, que agora suspenden
agora aloumiñan, xa feros, xa rindo.

Meu pai tivo a renda, tendeu a man dreita
e amostroume ao lonxe polo sol ferido,
na cume dun castro un bulto redondo
de almeas, e teitos de verde vestidos,
que a min somellume pinal, ou toxeira,
“Ahí tés nosas torres, salúdaas, meu fillo.
Ahí nosos Laras, Castros e Moscosos,

nosos aborixens de sangue, queridos;
antigos señores de canto estás vendo,
e moitas máis terras dos seus señoríos,
alí foi seu niño, seu lar, seu refuxio;
co sangue que dimos, moeran muíños
desque Santiago, que invoca un Moscoso,
cerrou por España coa cruz en Clavixo.”

Dos primeiros condes, ti i eu somos netos,
nos tallos dos condes Pombal colle trigo.
Dúas pólas nacen, a máis forte encora,
a máis delgadiña, vive e colle vicio;
igual é nas castas. ¿Por que? Dio-lo sabe
os condes baixaron, nosoutros subimos,
eles, xa en Castela, nosoutros Gallegos,
viviendo no amparo dos eidos nativos,
cando eles, xa alleos, da terra esquencida,
vendían por cartos, cal Xudas a Cristo,
ese sanguenosa, moimento de pedra
dos tempos primeiro das artes nacido;
berrei eu ‘da casta non sal torre é couto’
‘á casta i os cartos, aquí están, meus tíos’.
(…)

II
Na volta das torres mirando ao Nordeste
na sombra que os muros lle fan todo o ano,
sempre verde e cheo de miudiñas frores
blancas e marelas, atópase un campo.
A dereita e ezquerda saíndo dúas torres,
cruces e andaviras de ferro no alto,
que se deras volta viras outras dúas,
porque aquel castelo no baixa de catro;
á espalda un gran muro con fortes almeas,
ao frente a robreda de antigos carballos,
e por riba ao lonxe véndose do monte
o lombo pedroso que cerra este lado
de tal xeito eurrante naquel bon retiro
que estás noutro mundo con pouco traballo.

Alí sol, nin ventos, nin siquera á chuvia
se non cai a plomo cal orballo maino,
nin xentes que pasen, e vaian e veñan,
nin ollos curiosos, que están asexando,
dan guerra ningunha de vran nin de inverno,
naquel recunchiño de todo abrigado.

Abaixo no fondo, con doces parolas,
cal quen rosma ou reza, o río soando;
facéndolle ás veces roncón o arboredo
e música noutras cen tolos paxaros,
somellan voz meiga daquela soedade,
que din os veciños, que ten un encanto,
¡Non minten a fellas! ¡Non un, senón cento!
en que os vin respondo; ¡día e noite hainos!
(…)

Non houbo en Galicia máis vello castelo;
todos son ruínas, niños de lagartos,
con eles e os donos locen carantoñas
propias deste antroido, tan alleo e largo.
¿Por que ti resistes, e firme cal foche,
nin cedes, nin cambias do frente dos fados,
nin o sangue perdiche dos teus fundadores,
e temos do ceo firmísimo amparo?
¿Saber? Dio-lo sabe; tal vez mereceuno
unha historia limpa que aínda vai pasando,
e o sangue, que en xunto, dos cinco señores
tan bos e tan ledos, que por min brindaron.
(…)

Cal alma das torres, tan firme como elas,
eles en min viven, eu nos meus pasados,
e, se Dios axuda, martelos e lobos,
que están baixo as cruces enriba dos arcos,
nin baixan adarves, nin pendóns arrían,
e con fe cristiana, con peito fidalgo,
ven as torboadas do ceo e dos pobos;
que veñen e pasan, cal nubes de largo”.


(E. MARTELO PAUMÁN, Landras e baias; 1917)

As terras de Vimianzo foron motivo de inspiración para diversos escritores, que souberon encontrar nestas paraxes a esencia literaria dun pobo cunha inxente bagaxe cultural e histórica. Autores de diferentes épocas situaron a súa obra nas terras vimiancesas.

A continuación preséntanse algunhas citas literarias nas que aparece Vimianzo, xa sexa como trasfondo espacial ou ben como tema principal.
Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
2
3
9
11
12
13
15
16
17
18
19
20
22
23
25
26
27
29
30
31
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X