Concello de Vimianzo
23 de outubro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Programa Integrado de Emprego "VIR FLUVIUS 2016" (PIE)

O PIE VIR FLUVIUS é un programa integrado de emprego levado a cabo polos concellos de Vimianzo e Camariñas e que proporciona aos seus participantes accións combinadas de información, orientación e formación para a inserción laboral. Este proxecto, que botou a andar en setembro de 2016, está subvencionado  pola Consellería de Emprego, Economía e Industria e o Ministerio de Emprego e Seguridade Social, e terá unha duración de 12 meses.
 
Trabállase cun total de 60 persoas desempregadas dos territorios de Vimianzo e Camariñas e establécese como obxectivo principal a inserción laboral de polo menos o 35% (21 persoas), orientando as actuacións á mellora de habilidades sociais, á mellora da empregabilidade, á integración socio-laboral e ao fomento do emprendemento das persoas participantes no programa. Para isto, lévanse a cabo entrevistas persoais, charlas informativas, sesións individuais e colectivas, accións formativas, divulgación de ofertas de emprego, tramitacións diversas ante distintos entes públicos e intermediación con empresas da zona.                 
                                                                                    
Na área de formación, estase facendo un esforzo por adaptar os itinerarios aos perfís dos participantes do proxecto, realizando cursos diversos coma a obtención do certificado de manipulador de alimentos; o curso básico de prevención de riscos laborais; cursos de creación de empresas; curso de auxiliar de explotacións gandeiras, curso de atención sociosanitaria, obtención do carné de conducir, etc.
 
Ademais da formación, fanse tamén outro tipo de accións para a mellora da empregabilidade dos participantes, tales coma a solicitude de certificados de profesionalidade, a xestión e información sobre as probas para a obtención de competencias clave e a inscrición nas probas de obtención do Celga.
 
Para máis información, poden contactar cos técnicos Daniel Gómez e Marcos A. Muíños no teléfono 981 716 001, extensión 1223.

Descargas

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
2
3
9
11
12
13
15
16
17
18
19
20
23
25
26
27
29
30
31
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X