Concello de Vimianzo
18 de novembro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

PUNTO LIMPO - VIMIANZO

O Concello de Vimianzo está a traballar dende fai tempo nun plan de xestión dos residuos que permita, por unha banda reducir os importantes custos destinados ao tratamento do lixo, e por outra, contribúa ao coidado do Medio Ambiente fomentando a reciclaxe e evitando os vertedoiros incontrolados.

O primeiro paso deste plan é a apertura dun Punto limpo no Polígono Industrial de Vimianzo, no que todas as persoas empadroadas no Concello de Vimianzo poderán depositar, de maneira totalmente gratuíta, os residuos que non se poden botar nos colectores de lixo.

Para aqueles residuos que as propias veciñas e veciños non poden transportar ao Punto limpo debido ao seu volume ou peso, habilítase un servizo de Punto limpo móbil unha vez ao mes. Aquelas persoas que teñan que tirar algún residuo voluminoso poderán poñerse en contacto co Punto limpo e pasarán a recollerllo no seu domicilio sen que teñan que pagar nada.

Para incentivar o uso do Punto limpo, premiarase a entrega de residuos no mesmo a través da entrega de distintos agasallos por medio dun sorteo.

Nos vindeiros meses poñeremos en marcha un Plan piloto de recollida selectiva dos residuos para minorar os gastos municipais e mesmo os dos contribuíntes facendo de Vimianzo un concello limpo.

É importante que toda a veciñanza se conciencie da importancia de tratar correctamente os residuos xa que só desta maneira evitaremos os vertedoiros incontrolados e as consecuencias negativas que deles se derivan, tanto estéticas como medioambientais. Ao mesmo tempo o correcto tratamento dos residuos leva parella unha redución dos custes de tratamento do lixo co que este diñeiro pode ser investido en outros ámbitos como a educación, os servizos sociais ou o mantemento das infraestruturas municipais. 


Sorteo Recicla e gaña

Descargas

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
1
2
3
6
7
8
9
10
12
13
14
15
16
17
20
21
22
23
24
26
27
28
29
30
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X