Concello de Vimianzo
12 de decembro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Manuel Rivas Barrós

Escritor

Manuel Rivas Barrós

Recoñecido escritor nacido na Coruña en 1957 moi ligado a Vimianzo, pois viviu durante moitos anos no lugar de Urroa (Vimianzo), desde onde escribiu, e aínda escribe, moitos dos seus exitosos libros.

Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, comezou a súa carreira xornalística con tan só 15 anos. Foi colaborador de varios xornais e actualmente mantén unha columna semanal no diario El País.

No eido da literatura foi membro fundador do grupo poético Loia e da revista do mesmo nome, na que apareceron os seus primeiros poemas. Escribiu poesía, novela, relato e xornalismo literario. A Costa da Morte e  Vimianzo están presentes en moitas das súas obras, entre outras do libro de poemas Costa da Morte Blues, dos relatos de Que me queres, amor?, ou da novela O lapis do carpinteiro. Escritor de gran proxección exterior pois algúns dos seus libros foron traducidos a varias linguas.

Algunhas das súas obras foron levadas ao cine e ao teatro, como é o caso de A lingua das Bolboretas ou O Lapis do Carpinteiro.

Acadou numerosos premios literarios (Premio de Poesía Nova O Facho, 1979; Premio Leliadoura, 1989; Premio Torrente Ballester de Narrativa, 1995; Premio Nacional de Narrativa, 1996; Premio da Crítica Española, 1998; etc.).  

 Desde o ano 2009 é membro electo da Real Academia Galega.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
3
4

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X