Concello de Vimianzo
12 de decembro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Encantos


Nas torres de Vimianzo
din qu’hai un mouro encantado
homes, e nenas, co medo
de noite pasan de largo;
eu non sei si será o mouro,
eu non sei si será o trasno,
si son os meus pensamentos,
qu’algunha noite velando
solitario no meu leito,
co reflexo do cigarro
Satendo nalgún espello,
ou no curruncho dun arco
trasvexo así como sombras
lindas e brancas pasando.
“Vinde a facer homenaxe,
vinde a min, que son o amo,
miña mesnada sombriza”,
dígolles; quedo agardando,
mais elas, si son, non veñen;
aínda foxen cando eu falo.
¡Canto lle preguntaría
dos meus difuntos chorados,
e das esperanzas miñas,
e dos misterios, qu’eu gardo
aló no peito no fondo
como tesouros sagrados!
Solo escoito por desposta
os cans ó lonxe ladrando
xunta’ás portas dos quinteiros
no longo val espallados,
os asubíos do vento
nos matacáns do meu pazo,
o grave son da follaxe
común xigante roncando,
o berro dunha curuxa,
ou as couces dos cabalos
que no silencio da noite
patean de min debaixo,
……………………………….
E cand’o fin xa me durmo,
Quixera velas soñando.
……………………………….
¡Ou! ¡quen fora vulgo, ou neno!
¡Casi me encantan encantos!


(E. MARTELO PAUMÁN, Prosas gallegas; 1897)


Nosas terras tamén foron fonte de inspiración para Eduardo Pondal (1835-1917), el bardo de Ponteceso (A Coruña), que quixo dotar a Galicia de un pasado glorioso de raíz celta.

As terras de Vimianzo foron motivo de inspiración para diversos escritores, que souberon encontrar nestas paraxes a esencia literaria dun pobo cunha inxente bagaxe cultural e histórica. Autores de diferentes épocas situaron a súa obra nas terras vimiancesas.

A continuación preséntanse algunhas citas literarias nas que aparece Vimianzo, xa sexa como trasfondo espacial ou ben como tema principal.
Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
3
4

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X