Concello de Vimianzo
18 de outubro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

"Penedos de Pasarela"

Penedos de Pasarela,
cando vos vexo, penedos,
suspiro de amor por ela.


(EDUARDO PONDAL, Queixumes dos pinos; 1886).


Enganosa Morpeguite,
fala do doce mirar;
filla lixeira da brétoma,
de corpo leve e lanzal;
presurosa compañeira
da virazón da mañán:
Lévenme os demos, se agora
me has de volver a escapar,
nin outra vez, como anguía,
te me has de escorrer das mans.

-Mira, estate quedo, Mouco,
Mouco, non me fagas mal;
se me soltas che prometo,
me obrigo de che contar
quen repousa na Arca de Ogas,
desde a nosa antiga edá;
non me prendas a faldra de brétoma,
déixame, Mouco, vagar.

-Fora leria… As túas mentiras
cansado estou de encuitar;
en ti curarei á forza
as suidades daquel mal,
que deixas na alma, cando
correndo soes pasar.
Hei de fartarme de ti
cho xuro por miña nai;
coma un oso que atopa famento
de mel un doce panal.


(EDUARDO PONDAL, Queixumes dos pinos; 1886).


A hora en que o doce luceiro
coménzase de fundir,
as ben cornudas cabras montesías
levando diante de si,
o pastor celta Temunde
volvía ao doce redil;
só, cantando pola gandra
de Xallas, de uces nutriz,
e estremecendo a vaga soedade,
seu cantar dicía así:

-Arca antiga da Piosa,
o vento que é triste oír
funga nas esquivas uces
que están ó redor de ti;
e pasa entre eles bruando
con un dorido xemir:
debaixo das túas antes
está valente Brandomil;
non no olvido, mais nos brazos
do eterno e doce dormir:
ten ao seu lado dereito
o elmo dourado e xentil,
o escudo e a dura lanza
onde o sol soía ferir,
e con pracer os celtas contemplaban
de Xallas no ermo confín.

¡Ouh!, valente fillo de Ogas
e da doce e nobre Eiriz,
para sempre quedará
longa memoria de ti:
e cando o fillo dos celtas,
no tempo que está por vir,
pensativo camiñante
pase quezais por aquí;
cando no tempo en que xía
se vexa a lúa lucir,
dirá ao verte desde lonxe:
-O valente Brandomil,
saído da xentil e boa raza
dos celtas, repousa alí.


(EDUARDO PONDAL, Queixumes dos pinos; 1886).


O escritor coruñés Manuel Rivas(1957), que durante varios anos residiu no noso concello, concretamente en la aldea de Urroa, tamén tomou Vimianzo e o val de Soneira como importante fonte de inspiración literaria.

As terras de Vimianzo foron motivo de inspiración para diversos escritores, que souberon encontrar nestas paraxes a esencia literaria dun pobo cunha inxente bagaxe cultural e histórica. Autores de diferentes épocas situaron a súa obra nas terras vimiancesas.

A continuación preséntanse algunhas citas literarias nas que aparece Vimianzo, xa sexa como trasfondo espacial ou ben como tema principal.
Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
2
3
9
11
12
13
15
16
17
18
19
20
22
23
25
26
27
29
30
31
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X