Concello de Vimianzo
11 de decembro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Época Medieval

Época Medieval

  • Castelo de Vimianzo
  • Castelo de Vimianzo
  • Castelo de Vimianzo
  • Castelo de Vimianzo
  • Castelo de Vimianzo

Época Medieval

Soneira xa nos consta documentalmente como territorio diferenciado dende a Alta Idade Media, polo menos dende mediados do século IX (a obra de Xosé Mª Lema Suárez titulada A Arte relixiosa na Terra de Soneira recolle as súas investigacións sobre este territorio).

Porén, non dispoñemos de moitos datos relacionados coa historia destas terras, salvo referencias illadas. Unha delas aparece recollida na Historia Compostelana e refírese á devastación por parte dos piratas almorábides (comandados polo almirante Alí-ben-Memón) que no ano 1115 sufriron estas terras. Contan as crónicas que por aquela época os labregos das zonas achegadas á costa, xa dende mediados de abril, deixaban desertas as terras para se retiraren cara ao interior e refuxiárense en covas con canto posuían. Nos portos de Galicia, por aqueles tempos, non se construían máis que barcos propios para a navegación de cabotaxe, e o almirante galego Rodrigo Froilaz, irmán do conde de Traba, víase impotente para rexeitar, con tan escasos medios, as acometidas piratas.

Sen dúbida esta zona soportaría, ao longo da historia, os ataques dos piratas de todas as épocas, empezando polas incursións normandas da Alta Idade Media.
A anónima historia rural de Soneira durante o Medievo depende, en primeiro termo, do florecente foco compostelán pero, en segundo lugar, da función directiva que no eclesiástico exercía o mosteiro beneditino de San Xulián de Moraime. Ao longo da Idade Media a vinculación de Moraime coa familia señorial dos Traba é manifesta.

A liñaxe dos Traba é considerada a máis antiga da Costa da Morte e constitúe o troco do que descenderon os Moscoso, Montaos, Andrade e Mariñas. Na súa árbore xenealóxica establécese a súa procedencia dos condes de Présaras, dos máis antigos de Galicia, fundadores do mosteiro de Sobrado.


O poderío político dos Traba vai esmorecendo despois do século XIII. A familia extínguese e os seus inmensos bens foron pasando á casa de Andrade e aos arcebispos de Compostela. A mediados do século XV os Moscoso, con trescentos vasalos en toda Galicia, van ser os que os substitúan neste amplo territorio da Costa da Morte.

Castelo de Vimianzo

Cinxíndonos ás características das súas paredes calcúlase que esta edificación ten a súa orixe nos últimos anos do século XII ou comezos do XIII.

Aténdose ás características das súas paredes calcúlase que esta edificación ten a súa orixe nos últimos anos do século XII ou principios do XIII.
A súa historia está vinculada á familia dos Moscoso de Altamira. Sábese que no ano 1348 o rei Alfonso XI confiscoulle esta fortaleza a Rui Soga Mariño de Lobeira para venderlla ao arcebispo compostelán Xoán García Manrique. Pasou posteriormente a mans do duque de Arjona, Fadrique Enríquez, e calcúlase que entre 1425 e 1429 o castelo de Vimianzo pasou por primeira vez a formar parte das propiedades dos Moscoso.

No 1464 figura como señor da fortaleza de Vimianzo Bernal Yáñez (ou Sánchez) de Moscoso, quen no 1465 lle quitou ao arcebispo de Santiago, Alonso II de Fonseca, a vila de Noia, facéndoo prisioneiro e encerrándoo durante dous anos na fortaleza vimiancesa (entre 1465 e 1466).

Os irmandiños derrócana no 1467; tras a derrota dos rebeldes antifeudais apodérase dela o arcebispo Fonseca, que ordena a súa reconstrución (1472) forzando aos vencidos da revolta a tan penoso traballo, e pon como alcaide a Joán Mariño de Lobeira con corenta homes que a defendesen.

Pero no 1472 tomouna de novo para a súa familia, ata que esta abandona Galicia, Lope Sánchez de Moscoso, que uns anos antes se proclamara primeiro conde de Altamira (el fora o construtor das torres de Mens, preto de Malpica, outro bastión para a defensa dos seus extensos territorios da Costa da Morte).
En 1870 é adquirida por Ramón Martelo Núñez, tamén descendente dos Moscoso,e herdada posteriormente polo seu fillo Evaristo Martelo Paumán del Nero.

 
En 1936 a corporación de Vimianzo acorda expropiar as torres de Martelo para usalas como Casa Consistorial, e construír un matadoiro municipal, un mercado público e un lavadoiro. O castelo é atacado simbolicamente, con tráxicas consecuencias para os protagonistas do asalto.
Despois de sufrir un devastador incendio, Dolores Martelo de la Maza, filla e Evaristo Martelo, lega esta propiedade ao Arcebispado de Santiago, para ser vendida á Deputación Provincial da Coruña, actual propietaria, en 1973, pola cantidade de 600.000 pesetas.

Este castelo xestionou a extensa xurisdición de Vimianzo (actuais municipios de Vimianzo, Zas, Camariñas, Laxe, Cabana e parte de Muxía) dende finais da Idade Media ata o século XIX, concentrando na súa contorna a unha gran parte da nobreza da zona.

Para dar a coñecer a historia desta fortaleza a Deputación Provincial da Coruña publicou o libro O Castelo de Vimianzo e os Moscoso de Altamira, obra de Xosé Mª Lema Suárez e Roberto Mouzo Lavandeira.

Achegamento á historia de Vimianzo:
Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
3
4

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X