Concello de Vimianzo
24 de outubro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Época contemporánea

Época contemporánea

  • Vimianzo
  • Vimianzo
  • Vimianzo hoxe

Época contemporánea

No Antigo Réxime o reino de Galicia aparecía dividido en sete provincias: A Coruña, Santiago, Betanzos, Mondoñedo, Lugo, Ourense e Tui, que integraban a chamada Xunta do Reino de Galicia. A división actual procede de 1833 e o concello de Vimianzo creouse no 1836.

No económico esta época caracterízase pola conquista da terra por parte do campesiñado. Existía o réxime foral, contrato polo que o propietario da terra (normalmente o clero ou a alta nobreza) lle cedía a outro o dominio útil reservándose, ademais doutros dereitos, a percepción dunha renda anual. A súa duración era a vida de tres reis e 29 anos, o que supoñía de uns 50 a 75 anos de vixencia.

Entre os aforados e os propietarios estaba a fidalguía, que se converteu na intelixente e eficaz aliada dos campesiños cando o clero quixo substituír os foros por contratos de arrendamento. A fidalguía provocou unha resolución de Carlos III en 1763 que impedía ós xulgados aceptar causas de despoxo por voces fenecidas, convertendo así os foros en perpetuos.
 
En 1873, durante a Primeira República, logrouse unha lei que lles permitía ós campesiños a redención do foro mediante o pago dun canon, pero que foi abolida coa caída deste réxime.

A forte emigración cara a América dende mediados do século XIX fixo chegar a Galicia o diñeiro necesario para redimir os foros. No século XX o movemento denominado agrarismo tiña este asunto por bandeira e foi Primo de Rivera o que decretou tal redención.

Aínda que se produciu aquí unha recuperación da terra por parte do campesiñado que non se dou noutras partes de España, proliferou o minifundismo, do que xa se ten referencia dende o XVIII, e a economía agraria de subsistencia.

A guerra civil foi especialmente cruenta en Vimianzo. A represión dos falanxistas mantivo illados nos montes a moitos veciños, e outros foron encarcerados ou fusilados.

Durante a primeira metade do século XX continuou a emigración cara a América, pero a partir dos 70 esta desviouse cara a Europa, sobre todo cara a Suíza.

A segunda concentración parcelaria de Galicia realizouse na parroquia de Salto. O cadro que figura a continuación, elaborado a partir dos datos facilitados no seu momento pola área de concentracións parcelarias da Consellería de Agricultura da Xunta de Galicia resume ata a actualidade o historial das zonas de concentración do municipio de Vimianzo, ordenadas por data de acordo:

Datos concentracións parcelarias

As primeiras eleccións locais democráticas celebráronse no 1979, e os alcaldes de Vimianzo durante este período foron os seguintes:

  • Eleccións 1979: D. José María Pose Romero (UCD).
  • Eleccións 1983: D. Eduardo Lema Fernández (PSOE-PSG).
  • Eleccións 1987: D. Alejandro Rodríguez Lema (PSOE-PSG).
  • Eleccións 1991: D. Alejandro Rodríguez Lema (PSOE-PSG).
  • Eleccións 1995: D. Alejandro Rodríguez Lema (PSOE-PSG).
  • Eleccións 1999: D. Alejandro Rodríguez Lema (PSOE-PSG).
  • Eleccións 2003: D. Alejandro Rodríguez Lema (PSOE-PSG).
  • Eleccións 2007: D. Alejandro Rodríguez Lema (PSOE-PSG).
  • Eleccións 2011: D. Manuel Antelo Pazos (BNG)

Achegamento á historia de Vimianzo:
Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
2
3
9
11
12
13
15
16
17
18
19
20
23
25
26
27
29
30
31
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X