Concello de Vimianzo
19 de xuño de 2013
O corazón da Terra de Soneira

Telecentro/ Aula CeMIT

  • Aula CeMIT de Vimianzo
  • Aula CeMIT de Vimianzo
  • Aula CeMIT de Vimianzo

¿Que é un telecentro ou Aula CeMIT?

É un espazo que ofrece un servizo público e gratuíto para todos os cidadáns no ámbito das novas tecnoloxías da comunicación, o cal forma parte da Rede CeMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica).

Esta rede está financiada pola Xunta de Galicia en colaboración con concellos onde se sitúan e foi creada para coordinar as actuacións das distintas aulas públicas de acceso á Internet dependentes da Comunidade para favorecer a alfabetización dixital e o desenvolvemento da sociedade da información.

Actualmente, a Red CeMIT de Galicia dispón de varias aulas nas diferentes provincias de Galicia.

¿Cales son os seus obxectivos?
  • Ser un espazo aberto de comunicación entre o concello e os cidadáns
  • Familiarizar a cidadanía coas novas canles e soportes audiovisuais de comunicación
  • Facilitar o acceso público á Internet como medio de comunicación
  • Alfabetizar dixitalmente aos grupos máis afastados do desenvolvemento e implantación das novas tecnoloxías
  • Mellorar a formación profesional dos profesionais do sector audiovisual e multimedia ...
¿Para que serve?

As Aulas CeMIT pódense utilizar para realizar:
  • Cursos formativos e relatorios
  • Teleformación
  • Roldas de prensa
  • Videoconferencias/multiconferencias, reunións de traballo, ...
  • Visionado de audiovisuais
  • Edición e creación de material multimedia e/ou audiovisual

¿Quen a pode utilizar?

A cidadanía en xeral, colectivos, asociacións, ...


Ligazóns