AFIPRODEL é unha asociación de profesionais do desenvolvemento local, cuxos principais obxectivos son:
- Defender e xestionar de xeito óptimo os intereses dos seus asociados e asociadas, así como promover o recoñecemento social da figura do e da profesional de desenvolvemento local e a súa consolidación como posto de traballo nas administracións públicas, especialmente nas locais.
- Potenciar os recursos da provincia para acadar un desenvolvemento económico- social global, ambiental , harmónico e sustentable.
Entre as diversas iniciativas levadas a cabo por este grupo de profesionais atópanse:
- A creación dun espazo web onde recollen información e demais utilidades de interese para este colectivo e para o desenvolvemento local: www.afiprodel.org
- A organización do Congreso de Marco de Oportunidades para o Desenvolvemento Local (MODELO), que tivo como sedes a Casa da Cultura de Vimianzo e de Corcubión.