Benvidos e benvidas á web do concello de Vimianzo. Queremos que sexa un portal electrónico para prestar, coa mellor calidade posible, os servizos que demandan os nosos veciños e veciñas, residentes connosco ou na diáspora. Tamén queremos que sexa un escaparate, unha guía, unha encrucillada dos camiños de Vimianzo, para coñecer, estimar e amar o noso concello, como vimianceses e soneiráns que somos e, tamén, para aquelas persoas que teñen a ben visitarnos nesta web, ou a través da súa presenza nos múltiples lugares que conforman o noso territorio.
Dende a alcaldía quero transmitirvos o grande orgullo e a grande honra de representar os homes e mulleres de Vimianzo, cun compromiso de servizo público, de defensa de intereses municipais, de traballo e esforzo. A grande ilusión da nosa xente, nova ou maior, que me situou como alcalde de Vimianzo, é un importante motivo que me leva a afianzarme na defensa dos intereses do noso concello.
Con moito pracer recibe un saúdo,
Manuel Antelo PazosAlcalde de Vimianzo, na Terra de Soneira.Contacto Alcaldía:
- Tel.: 981 716 001
- Fax: 981 716 650
- Correo Electrónico: alcaldia@vimianzo.gal