Concello de Vimianzo
22 de novembro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Preguntas frecuentes!

  1. Que tipos de pensións non contributivas existen? A de xubilación, na que o/a titular ten que ter os 65 anos cumpridos, e a de invalidez na que o/a titular ten que ter un recoñecemento de minusvalía da Xunta de Galicia superior ao 65%.

  2. Que documentación teño que presentar para solicitar un recoñecemento de minusvalidez? DNI, cartilla sanitaria, impreso cuberto polo médico de cabeceira (este impreso podo recollelo nos Servizos Sociais), informes médicos (opcional).

  3. Que requisitos debo cumprir para poder solicitar a tarxeta de estacionamento? Para poder solicitar a tarxeta de estacionamento teño que ter recoñecida un grao de minusvalía da Xunta de Galicia superior ou igual ao 33% e ao mesmo ter recoñecidos graves problemas de mobilidade.

  4. Unha persoa maior, ¿de que tipo de viaxes de turismo pode beneficiarse? A través das viaxes organizadas polo Concello, a través das viaxes organizadas polo IMSERSO e a través das viaxes organizadas pola Xunta de Galicia (Programa de Lecer e Benestar).

  5. Unha persoa maior, ¿de que tipo de programas de termalismo (balnearios) pode beneficiarse? Programa de Termalismo organizado pola Xunta de Galicia, e Programa de Termalismo organizado polo IMSERSO.

  6. Que persoas poden estar exentas de pagar o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM)? Todas aquelas persoas que teñan recoñecida unha minusvalía da Xunta de Galicia superior ao 33%, ou, aquelas persoas que teñan recoñecida unha incapacidade permanente da Seguridade Social.

  7. As persoas maiores de 65 anos sen ningún tipo de minusvalía recoñecida, ¿están exentas de pagar o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM)? Non están exentas.

  8. En que consiste o abono social de telefónica? Consiste nunha redución do 70% na instalación da liña telefónica (alta inicial) e do 95% no abono mensual (mantemento) para persoas maiores de 64 anos ou xubiladas por incapacidade laboral absoluta. O custe das chamadas é o mesmo que para calquera outra persoa e non existe límite de consumo. Os ingresos anuais da unidade familiar non poderán ser superiores ao 120% do IPREM (na contía en referencia co SMI, sen excluír as pagas extraordinarias): 8.946,17 euros no ano 2010 (14 pagas).

  9. Se son titular dun título de familia numerosa, ¿cando teño que presentar o certificado de escolaridade dos meus fillos? A partires de que estes cumpran os 21 anos.

  10. Polo nacemento dun fillo, ¿de que tipo de prestacións me podo beneficiar? Da prestación económica de pagamento único por fillo/a menor a cargo menor de tres anos (Xunta de Galicia). E no caso de nai traballadora da dedución por maternidade por fillos menores de 3 anos (Axencia tributaria).

  11. En que consiste o abono mensual anticipado da dedución por maternidade para nais traballadoras con fillos menores de tres anos? Trátase dunha prestación económica de 100 € ao mes por cada fillo menor de tres anos que se comezará a percibir despois de que as beneficiarias o teñan solicitado e que desde a Axencia Tributaria se comproben os datos presentados.

  12. De cantas prazas dispón a vivenda comunitaria de Vimianzo? ¿Como podo solicitar unha praza? A vivenda comunitaria conta con 12 prazas. Para solicitar unha praza teño que acudir aos Servizos Sociais, e no caso de que as 12 prazas estean ocupadas, quedarei en lista de espera para cando se produza unha baixa.

  13. As axudas económicas por gastos de desprazamento a sesións de rehabilitación (prestación sanitarias) ¿pódense solicitar nos Servizos Sociais? Ata hai uns meses tramitabámolas dende os servizos sociais, pero na actualidade é recomendable acudir ao centro de saúde para solicitar esta prestación.

  14. Para poder solicitar unha praza no xeriatrico de Vimianzo ¿a onde me teño que dirixir e que requisito imprescindible debo cumprir? Debo dirixirme aos Servizos Sociais do meu concello, e ter recoñecido o grao e nivel de Dependencia.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
1
2
3
6
7
8
9
10
12
13
14
15
16
17
20
21
22
23
27
28
29
30
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Páxina web das familias galegas Quérote
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X