Concello de Vimianzo
19 de xuño de 2013
O corazón da Terra de Soneira

Novas

05-03-2012

Manuel Antelo clausurou as xornadas agro-gandeiras

Onte tivo lugar na sala de conferencias da Casa da Cultura a última Xornada agro-gandeira da man de Xabier Bermúdez, veterinario de Serivet SL, que falou sobre a mamite e a calidade do leite no gando vacún. Foron catro xornadas, que se viñan desenvolvendo desde o 9 de febreiro, que contaron cunha alta participación de profesionais do agro do noso concello que puideron mellorar os seus coñecementos en xestión económica e custes de produción, alimentación do gando, reprodución animal, mamite e calidade do leite, da man de profesionais do sector gandeiro; pero o máis interesante quizais sexa que os nosos gandeiros puideron facer unha posta en común da súa experiencia profesional e contaron co asesoramento de expertos na materia para solventar aquelas dúbidas que lles puideran xurdir. 
O alcalde foi o encargado de clausurar onte estas xornadas técnicas, agradecendo a colaboración e participación dos gandeiros e dos profesionais que se achegaron ata Vimianzo. Desde o concello preténdese seguir con este tipo de iniciativas que redunden no beneficio dos nosos gandeiros, sendo este un sector maioritario no noso concello e unha das principais bases económicas de Vimianzo.