Concello de Vimianzo
26 de maio de 2013
O corazón da Terra de Soneira

Novas

21-05-2012

Os alumnos de gaita e pandeireta demostran a súa arte no escenario

Os alumnos e alumnas da escola de música mostraron ante o público o traballo realizado durante todo o ano nas actividades de gaita, percusión e pandeireta. 
Os familiares e amigos agardaban no auditorio a que os artistas subisen ao escenario para amosar as súas dotes musicais. Os primeiros en facer a demostración foron os alumnos e alumnas de frauta, que foron interpretando as pezas aprendidas. Logo foi a quenda dos gaiteiros que interpretaron catro pezas para que os dous tamborileiros puidesen amosarnos as súas habilidades á percusión. Seguidamente pasamos á pandeireta, dous grupos de nenas máis pequenas e dous grupos de maiores e ao ritmo de pandeireta e cantigas rematou a clausura da escola de música tradicional. 

Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2013 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
12
13
14
15
17
18
20
21
22
23
27
28
29
30
31
 
 
Perfil de contratante
Boletíns
Síguenos en Facebook!!! SEA- Suelo Empresarial del Atlántico