Concello de Vimianzo
23 de outubro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Novas

08-01-2016

As circunstancias metereolóxicas obrigan a adiar a 7ª edición do Duatlón de Reis que se ía desenvolver o domingo día 10

Debido ás intensas choivas que caeron nos últimos días algunhas das zonas polas que se tiña previsto desenvolver a 7ª edición do Duatlón de Reis están inundadas.

A organización considera que o estado do circuito non é o adecuado para desenvolver unha proba desas características e co fin de evitarlles problemas ás persoas participantes decidiu adiar o desenvolvemento da proba para o día 21 de febreiro.

Todas as persoas inscritas teñen a opción de darse de baixa na proba e que se devolva a cantidade aboada en concepto de inscrición ou continúar inscritos e participar na carreira do 21 de febreiro. Para darse de baixa deben envíar un correo-e ao enderezo jpedreiravazquez@hotmail.com indicando os seus datos e solicitando a baixa na proba.

Xa que había participantes en lista de agarda, o prazo para solicitar a baixa pecharase o vindeiro venres día 15 de xaneiro, entendéndose que todas aquelas persoas que non solicitaran a baixa están interesados en participar na carreira. A partir do sábado 16 abrirase un novo periodo de inscrición até completar novamente as 200 prazas.

Para calquera outra dúbida poden contactar co Servizo de Deportes do Concello de Vimianzo no correo-e deportes@vimianzo.gal.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
2
3
9
11
12
13
15
16
17
18
19
20
23
25
26
27
29
30
31
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X