Concello de Vimianzo
12 de decembro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Convocatorias

16-01-2017

Axuda económica para o pago de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia

Normativa

Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código do procedemento IN414A). Extracto  (DOG nº 10 do 16/01/2017)

Obxecto

Subvencionar parte da factura eléctrica ás unidades de convivencia con menores ou discapacitados cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM (9.585,19 €/ano).

Contía

Será unha cantidade fixa de 180 € ao ano para as unidades de convivencia que cumpran os requisitos, e de 300 € ao ano para as que acrediten ser ademais familia numerosa.

Gastos subvencionables

Serán as facturas de electricidade (IVE incluído) cuxo período de lectura estea comprendido entre o 1 de xullo 2016 e o 30 de xuño do 2017. No caso de que unha factura abranga un período que saia en parte do período subvencionable, considerarase subvencionable o custo rateado dos días incluídos nel.

Requisitos das persoas beneficiarias

  1. Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. Que na unidade de convivencia haxa menores de idade ou persoas con discapacidade con un grado igual ou maior ao 33 %.
  3. Ser o pagador da correspondente factura de enerxía eléctrica.
  4. Que os ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM (9.585,19 €/ano). A estes efectos, considérase unidade de convivencia o conxunto de todas as persoas que viven no mesmo domicilio. A determinación dos membros da unidade de convivencia realizarase atendendo á situación existente no momento da solicitude. A renda da unidade de convivencia obterase por agregación das rendas do exercicio fiscal 2015 de cada un dos membros que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do IRPF. Os membros da unidade de convivencia que presentasen declaración do IRPF no 2014, para os efectos do cálculo da renda sumarán os recadros 380 (base impoñible xeral) e 395 (base impoñible do aforro) da declaración. No caso de non presentar declaración, teranse en conta os ingresos de todos os membros da unidade de convivencia durante o exercicio 2015.
  5. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 do xuño, de subvencións.
  6. Só poderá presentarse unha única solicitude por unidade de convivencia.

Documentación

Presentación electrónica da solicitude

Copia dixitalizada da seguinte documentación:

  1. DNI/NIE do solicitante e de todos os membros da unidade de conviviencia maiores de 14 anos (só no caso de denegar expresamente a súa consulta no anexo II ou anexo III). No caso de menores que non teñan DNI, documento acreditativo da súa idade (libro de familia, certificado de nacemento ou documento en que figure a data de nacemento).
  2. Declaración do IRPF ou certificado de renda emitido pola Axencia Tributaria relativos ao ano 2015, do solicitante e do resto dos membros da unidade de conviviencia (só no caso de denegar expresamente a súa consulta no anexo II ou anexo III).
  3. De ser o caso, autorización aos funcionarios correspondentes para a presentación electrónica da solicitude e da documentación relativa ao tícket eléctrico social de Galicia (anexo IV).
  4. Facturas de electricidade da vivenda que é residencia habitual do solicitante da axuda e xustificantes de pagamento.
  5. Certificado ou volante de convivencia/empadroamento onde figuren todas as persoas que conviven no mesmo domicilio.
  6. Título de familia numerosa no caso de que o dito título non fose expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia ou no caso de que si fose expedido pola Xunta de Galicia e o solicitante denegue expresamente a súa consulta no anexo II.
  7. De selo caso, certificado de discapacidade dalgún membro da unidade de convivencia con grao de discapacidade maior ou igual ao 33 %, no caso de que o dito certificado non fose expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia ou no caso de que si fose expedido pola Xunta de Galicia e se denegue expresamente a súa consulta no anexo II ou anexo III.

Lugar de presentación:

A través da sede electrónica: Presentación electrónica da solicitude. Para a presentación das solicitudes será necesario o DNI electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Prazo de presentación:

Do 17 de xaneiro ao 15 de xullo de 2017.

Máis información

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN414A, poderase obter información adicional na Dirección Xeral de Enerxía e Minas e nas xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria, a través dos seguintes medios:

  1. Páxina web oficial da consellería: http://economiaeindustria.xunta.es.
  2. Os seguintes teléfonos:

A Coruña: 981 18 49 95 e 981 18 49 36.

Santiago: 981 95 70 24, 981 54 55 87 e 981 54 55 74.

Lugo: 982 29 49 75 e 982 29 46 70.

Ourense: 988 38 67 10.

Pontevedra: 986 80 52 13 e 986 80 52 22.

Vigo: 986 81 75 61, 986 81 78 22 e 986 81 77 64.

c. O enderezo de correo electrónico cei.dxiem.axudasenerxia@xunta.es

DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS

Edificios Administrativos San Caetano, s/n
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xefatura Territorial da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2
15071 A CORUÑA
Teléfono: 981184995 / 981184936 Fax: 981184790

Para máis información poden acudir á Área de Benestar Social do concello.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
3
4

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Páxina web das familias galegas Quérote
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X