Concello de Vimianzo
18 de novembro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Novas

06-03-2017

Máis de medio cento de veciñas e veciños acoden a charla informativa sobre o patrimonio megalítico

Máis de medio cento de veciñas e veciños acudiron á xuntanza destinada a propietarias e propietarios de terreos con patrimonio megalítico que organizou o Concello de Vimianzo.
O catedrático da Universidade de Vigo, Fernando Carrera, explicoulles ás persoas asistentes o que é un dolmen, como se contruíron, para que se cre que se utilizaban, etc. Tamén lles falou acerca da protección legal dos monumentos e dos usos que lles poden dar ás fincas.
Pola súa parte o alcalde, Manuel Antelo, expresou a vontade do Concello por facerse coa propiedade das fincas que teñan monumentos megalíticos, ben a través de compras, permutas ou cesións de uso. O Concello colaborará cos propietarios e propietarias para informalos acerca dos usos que lles poden dar aos terreos e na tramitación dos permisos que teñen que solicitarlle a Patrimonio para realizar cortas, plantacións, etc.
Neste sentido nos vindeiros días o alcalde trasdladaralle unha solicitude á Xunta de Galicia para que, cando os propietarios soliciten permisos para tala ou repoboación, a Xunta lles indique en que casos deben solicitar outros permisos.
Ao final da xuntanza as persoas asistentes plantexaron as dúbidas que teñen acerca dos monumentos megalíticos e dos usos permitidos ou prohibidos nas súas propiedades.
Esta foi a primeira de outras xuntanzas e accións que se desenvolverán co obxectivo da posta en valor dos monumentos megalíticos do Concello de Vimianzo. En palabras, tanto de Fernando Carrera como de Manuel Antelo, a mellor maneira de conservar e respectar o patrimonio é coñecendo a súa orixe, o seu significado e a súa importancia.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
1
2
3
6
7
8
9
10
12
13
14
15
16
17
20
21
22
23
24
26
27
28
29
30
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
III Plan de Igualdade 2015/ 18 GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico CeMIT
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X