Concello de Vimianzo
22 de novembro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Novas

19-10-2017

O Concello de Vimianzo presenta na Coruña a experiencia do Programa ENR4mob

A experiencia do Programa ERN4mob desenvolvido polo Concello de Vimianzo xunto con outras entidades locais do Reino Unido, Polonia, Italia, República Checa e Portugal, que se clausurou no congreso internacional sobre a emigración desenvolvido en Vimianzo as pasadas semanas, foi exposta hoxe no marco da 3ª edición da xuntanza “Europa na provincia da Coruña”, organizada pola Oficina Europa Direct da Coruña.

Nestas xornadas preténdese xerar un espazo para que os concellos coñezan as posiblidades de financiamento que ofrece a Unión Europea, crear un foro especializado en financiamento europeo, analizar experiencias de boas prácticas e capacitar ás persoas asistentes para poder preparar proxectos cos que concorrer ás convocatorias europeas.

No panel expositivo que presentao Concello de Vimianzo poderase comprobar o desenvolvemento do programa ERN4mob, que consistiu en xuntanzas de traballo en cada unha das entidades locais participantes e no congreso final desenvolvido en Vimianzo.

Dende o Concello de Vimianzo califican o desenvolvento do proxecto dunha maniera moi positiva, xa que puxo de manifesto distintos datos que permiten deseñar políticas públicas e medidas de ámbito social para abordar o ámbito migratorio no contexto da unión Europea. 

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
1
2
3
6
7
8
9
10
12
13
14
15
16
17
20
21
22
23
27
28
29
30
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
III Plan de Igualdade 2015/ 18 GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico CeMIT
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X