Concello de Vimianzo
11 de decembro de 2017
O corazón da Terra de Soneira

Novas

20-11-2017

O Concello de Vimianzo participa na campaña En negro contra a violencia

O pasado 15 de novembro o Concello de Vimianzo asinou no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela o protocolo para  o desenvolvemento da campaña "En negro contra as violencias machistas" que desenvolven conxuntamente 3 deputacións e 75 concellos de toda Galicia.

O 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, convidando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar á poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres.

A violencia machista é a expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres. Un tipo de violencia que sofren as mulleres polo simple feito de o seren, unha desigualdade silenciada, agochada e en moitos casos normalizada. Segundo os datos da última Macroenquisa de violencia contra as mulleres realizada no 2015 polo Ministerio de Sanidade, Servizos Socias e Igualdade, un 13% das mulleres residentes en España de máis de 16 anos declaran ter sufrido violencia física ou sexual nalgún momento da súa vida por parte da parella ou exparella, un 26% violencia psicolóxica de control —celos, control de horarios e actividades etc.— e un 20% violencia psicolóxica emocional —insultos, intimidacións, ameazas verbais, etc—. Dende 2003 ata maio do 2017, a Delegación de Goberno rexistrou 53 asasinatos machistas en Galicia, e 780 en España.

Co obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres, no 2015, o Concello de Santiago puxo en andamento a campaña de sensibilización Compostela, en Negro, na que se implicaron arredor de 300 establecementos comerciais e axentes sociais do municipio, que se converteron en embaixadores da mesma.

A acción consistiu en tinguir de negro a cidade a través dos escaparates, os manequíns, a roupa de traballo; vestir loito en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte.

Á marxe da repercusión e impacto que poida ter esta campaña, consideramos xa de antemán como un gran éxito compartido o feito de que, por primeira vez, concellos tan diversos, e de diferentes cores políticas, esteamos a traballar en rede contra as violencias machistas e a prol da igualdade das mulleres. Todas e todos en negro, contra a violencia.

Ligazóns

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2017 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
3
4

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Páxina web das familias galegas Quérote
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X