Concello de Vimianzo
19 de xaneiro de 2018
O corazón da Terra de Soneira

Novas

06-01-2018

O Concello de Vimianzo pecha o ano 2017 sen facturas fóra de orzamento

O Concello de Vimianzo pecha o exercicio 2017 sen facturas na conta 413, aquela que recolle o gasto feito sen orzamentar.

É a primeira vez na última década que se logra este obxectivo. No último exercicio do anterior goberno de Rodríguez Lema computaronse 239.758,33€ en facturas por gasto feito fóra de orzamento, que se aprobou polo Pleno en 2012, con cargo a ese orzamento. Isto supuxo un lastre continuado que veu afectando negativamente ao orzamento de cada ano, en torno a esa cantidade. Despois das eleccións de 2015 o goberno de Manuel Antelo marcouse como obxectivo reducir ese déficit para normalizar o orzamento anual, e cubrir, co mesmo, o gasto anual sen restarlle gastos do exercicio anterior. O último recoñecemento extraxudicial de crédito aprobouse este ano por un total de 50.732,53€ por gasto correspondente a 2016. Por primeira vez nesta década, pechamos un exercicio sen gasto no orzamentado. Isto, ademais do cumprimento dun obxectivo e compromiso do goberno, é unha mostra da boa xestión económica do concello. Permite, ademais, contar con todo orzamento previsto para os gastos de 2018, sen déficit por gastos do exercicio anterior.

Por outro lado, O Orzamento de 2017 tivo unha excecución de perto do 80%, é dicir, gastáronse practicamente o 80% dos cartos orzamentados. A parte que non se gastou debeuse a dificultades na obtención de autorizacións sectoriais (Patrimonio, Augas de Galicia) para levar a cabo a execución das obras previstas neste ano. As actuacións adiadas executaranse este ano, unha vez que as administracións competententes emitan as autorizacións sectoriais correspondentes. Isto é un problema común a todas as administracións.

O gasto de persoal e os gastos correntes, que teñen que ver coa prestación dos servizos básicos, presentan unha execución de entre o 86 e o 95%.

Estes datos mostran unha execución do orzamento de gastos moi completa, prudente e responsable.

No apartado de ingresos recadáronse o 95% dos impostos indirectos e as taxas medraron un 15%, froito, fundamentalmente, da regularización do Servizo de Augas coa revisión e instalación de contadores, o que supuxo un aumento importante no Padrón de augas. Esta regularización supuxo facturar consumos de auga que, por diversas causas, se viña consumindo sen control municipal.

O total de ingresos rolda o 80% das previsións marcadas, o de demostra un excelente nivel de execución e unha previsión orzamentaria realista.

O alcalde, Manuel Antelo, destaca o logro dos obxectivos marcadados en anos anteriores de rematar o exercicio sen facturas fóra de orzamento.

Tamén destaca que os orzamentos do Concello de Vimianzo son uns orzamentos axustados aos servizos que presta a entidade e demostran unha xestión eficaz, óptima, racional e responsable.

Di o alcalde que, “ademais de prestar servizos, hainos que xestionar ben, economicamente”. A boa xestión económica redunda nos provedores, que teñan garantías para cobrar os seus servizos ao concello



Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2018 +
- xaneiro +
L
M
M
X
V
S
D
6
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
III Plan de Igualdade 2015/ 18 GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico CeMIT
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X