Concello de Vimianzo
23 de febreiro de 2018
O corazón da Terra de Soneira

Novas

31-01-2018

O alcalde de Vimianzo solicítalle unha entrevista ao Xerente da Xestión Integrada da Coruña do SERGAS para solicitarlle información acerca da cobertura da praza de Pediatría no centro de saúde

O alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, remitiulle no día de hoxe ao SERGAS unha solicitude de entrevista co Sr. Xerente da Xestión Integrada da Coruña para solicitarlle información acerca das previsións que ten a Xunta de Galicia para cubir a praza de Pediatría do Concello de Vimianzo, diante da próxima resolución do Concurso de traslados do persoal médico. Durante os últimos anos a comarca ven sufrindo continuos problemas de cobertura das prazas de Pediatría, con unha grande rotación de profesionais para cubrilas  no momento en que quedan vacantes, ou se persoal por motivo de baixas laborais, vacacións e permisos. Isto dá lugar a situacións de precariedade e falta de atención en pediatría, que se manifestaron en diferentes protestas institucionais e socias, como ven acontecendo nos últimos tempos nos outros concellos da Terra de Soneira.

Ao alcalde preocúpalle que existan dificultades para cubrir a dita praza, e que os nenos e nenas non teñan o servizo de pediatría, ou teñan que desprazarse fóra da comarca para o mesmo. Isto, xunto con outros problemas como a grande rotación  de persoal nestas prazas de atención primaria, e tamén de atención hospitalaria no Hospital Virxe da Xunqueira, fan que a nosa comarca estea discriminada nos servizos de atención á saúde.Antelo entende que a Xunta de Galicia debe ter en conta a situación de periferia da Costa da Morte evitando que sexa un territorio discriminado no que á atención hospitalaria se refire. Neste sentido propón que se deberían establecer incentivos para evitar a rotación de persoal, e os cambios tan acelarados do persoal médico. Incentivos como considerar a situación de periferia da Costa da Morte como criterio na valoración dos postos de traballo, flexibilidades horarias.... 

Cruzarse de mans e deixar pasar o tempo non é unha boa xestión por parte da Xunta, nin resolve os problemas dos servizos sanitarios na Costa da Morte.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2018 +
- febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
1
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
III Plan de Igualdade 2015/ 18 GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico CeMIT
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X