Concello de Vimianzo
25 de setembro de 2018
O corazón da Terra de Soneira

Novas

21-03-2018

Un total de 13 mulleres atoparon traballo grazas ao Plan integrado de emprego

Xa realizados os cursos de manipuladora de alimentos e o de prevención de riscos laborais, a comezos do mes de febreiro e cunha acollida de máis de 50 persoas, están en marcha nestes momentos outras accións orientadas á mellora das competencias formativas e laborais das participantes do programa de emprego.

En concreto, nestes momentos estanse realizando 2 accións formativas:

  • Preparación para os exames das competencias clave. Estes exames, que se realizan no mes de maio para persoas de toda a comunidade autónoma galega, están orientados ás persoas que non teñen a titulación na ESO, e dan acceso á realización de certificados profesionais de nivel 2. Arredor de 30 mulleres do PIE están acudindo a estas clases preparatorias, comezadas a finais de febreiro e que durarán ata o día do exame, estanse celebrando nos 3 concellos de maneira simultánea, facilitando así que tódalas participantes poidan acudir a elas. O día 12 de maio, estas participantes desprazaranse a Silleda (lugar de celebración dos exames), se todo vai ben, o suficientemente preparadas para superar as probas.

  • Curso de informática avanzada, orientada a traballos administrativos. 11 participantes do PIE2017 comezan este martes día 20 de marzo un curso de informática orientada a traballos administrativos. Terá unha duración de 60 horas e capacitará ás participantes no uso de programas de facturación e contabilidade, entre outros contidos.

Estanse realizando outras accións individuais e colectivas coas mulleres inscritas no programa de emprego, tales coma entrevistas e seguimento persoal, xestión de ofertas de emprego, xestión e inscrición en listas de emprego da Xunta de Galicia, información e inscrición nas probas do Celga, etc. Nas seguintes datas está previsto que comecen outras accións formativas relacionadas coa informática básica, o emprendemento, obradoiros para o desenvolvemento de habilidades sociolaborais... e outras relacionadas coa adquisición de competencias para o desempeño dun oficio, coma a hostalaría ou a atención a persoas dependentes. Tamén se está traballando na posibilidade da realización de prácticas en empresa.

Por outra parte, levouse a cabo a contratación dun titor de inserción laboral, para profundar no traballo que xa se estaba levando a cabo desde o mes de decembro e realizar así un seguimento e apoio máis personalizado ás participantes deste programa de emprego dirixido a mulleres de Camariñas, Muxía e Vimianzo. Ademais, cabe destacar que xa 13 persoas de entre as participantes atoparon emprego desde que comezou o programa

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2018 +
- setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
2
3
4
5
6

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual III Plan de Igualdade 2015/ 18 SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X