Concello de Vimianzo
28 de maio de 2018
O corazón da Terra de Soneira

Novas

22-04-2018

O Concello de Vimianzo convoca unha xuntanza para explicarlle á veciñanza a redilimitación dos núcleos das parroquias de Bamiro, Tines e Treos

O Concello de Vimianzo convocou para o vindeiro martes, día 24 de abril, ás 19:30 h na Casa da Cultura de Vimianzo unha xuntanza aberta a toda a veciñanza para explicar todo o relacionado coa Modificación puntual número 6 que afecta á redelimitación dos núcleos das parroquias de Bamiro, Treos e Tines.

Nesta xuntanza estarán presentes, para resolver as dúbidas da veciñanza, os técnicos da Deputación da Coruña, que se encargaron de redactar o proxecto

Coas modificacións puntuais das Normas o Goberno municipal de Vimianzo pretende adaptar as Normas subsidiarias do Concello de Vimianzo,aprobadas no ano 1994,á realidade concreta do Concello.

Un exemplo foi a aprobación do MP nº 4, sobre os núcleos rurais, que, entre outras cousas, sitúa dentro da ordenación urbanística ás edificacións tradicionais e dos núcleos que estaban fóra, e que representan probablemente mais do 80% de todo o conxunto. Isto permite beneficiarse de licenzas para reformas, restauracións e aumentos de volume. O motivo principal que as situaba fóra de ordenación era por non respectar os recuados ao centro da vía. A MP elimina este requisito, adoptando o criterio de alineación definida pola edificación tradicional.

Con esta modificación puntual nº 6 preténdese reordenar as zonas das parroquias de Bamiro, Tines e Treos nas que se pode construír co obxectivo de optimizar o espazo e de incorporar á legalidade urbanística ao maior número posíbel de construcións.

Segundo o alcalde, Manuel Antelo, non se trata de incrementar ou de diminuír a superficie dos núcleos senón de optimizala. É dicir, coa norma actual existen casos nos que unha finca ten como urbanizable unha superficie moi escasa e insuficiente para facer unha construción, que na práctica non ten aproveitamento urbanístico. O que se fai coa redelimitación é aproveitar a superficie na que teoricamente se podería construír pero que na práctica sería imposíbel, e, dunha maneira racional facer unha nova delimitación dos núcleos, que, atendendo a criterios técnicos, modifica o ámbito urbanizable dos mesmos.

Para Antelo esta modificación goza dunha grande importancia xa que posibilita quemáis do 90%das construcións das parroquias de Bamiro, Tines e Treos estean dentro da legalidade, ademáis de equipamentos públicos como é ocemiterio de Tines.

O alcalde convida a toda a veciñanza das parroquias afectadas a asistir á xuntanza e a plantexarlle as súas dúbidas e as súas propostas aos técnicos, xa que a información é primordial neste tipo de modificacións.

Esta modificaciónatópase no período de consultas públicas para a avaliación ambiental estratéxica.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2018 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
1
2
3
5
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
21
22
23
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
III Plan de Igualdade 2015/ 18 SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Museo Virtual GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X