Concello de Vimianzo
19 de agosto de 2018
O corazón da Terra de Soneira

Novas

08-05-2018

Novas actividades completan a oferta turística de Vimianzo

Co obxectivo de completar e consolidar a oferta para público escolar con un amplo abano de propostas, o Castelo de Vimianzo – xestionado directamente dende o Goberno Municipal- presentaba o pasado venres, “Unha Visita Ilustrada”, ante a mirada curiosa de máis de 100 nenos e nenas, chegados das distintas escolas unitarias de Carballo.

A actividade ideada para pequenos de 3 a 8 anos, capta o interese da cativada a través da teatralidade e de didácticas ilustracións, debuxadas por Rubén Rial específicamente como recursos propios, para relatar unha breve historia do monumento. Tras a alegre visita, a actividade agasalla as mesmas viñetas en formato reducido e para colorear. De modo que os nenos e nenas podan levar os seus fogares o relato do Castelo como pequena banda deseñada.

Actividades didácticas para todos os niveis educativos

“A visita ilustrada” completa unha serie de adaptacións ás visitas guiadas convencionais, ideadas para os distintos niveis educativos. Deste modo, os centros escolares que contacten co Concello de Vimianzo recibirán información sobre as distintas propostas destinadas dende os 3 aos 18 anos. Dentro do ciclo de primaria, a actividade “Os Catro Escudos” emprega como recurso educativo os contos e as lendas, para achegar á rapazada a auténtica historia do monumento. Para secundaria e bacharelato ofrécese “O Safari fotográfico”, un xogo participativo para localizar os distintos elementos dun Castelo, e para os máis maiores, “Arquitectura de poder”, resulta unha completa visita coa que profundizar nas distintas etapas da Historia de Galicia dende os distintos aconteceres do Castelo. Estas últimas actividades xa se encontran en desenvolvemento e con moi boa aceptación dende o pasado curso.

Ademáis este ano, aqueles que contraten as visitas escolares ao Castelo poderán participar no concurso de Turismo Escolar da Deputación da Coruña, por ser a fortaleza propiedade provincial.

Todas as actividades do Castelo son de balde e están deseñadas e xestionadas dende o equipo municipal, dentro das políticas de divulgación do Patrimonio polas que aposta Vimianzo.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2018 +
- agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X