Concello de Vimianzo
15 de outubro de 2018
O corazón da Terra de Soneira

Novas

03-08-2018

O programa de turismo cultural do Concello de Vimianzo está tendo unha grande acollida

No ecuador do programa de verán “Vimianzo Historia Viva” centrado no turismo cultural, e enmarcado dentro do Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018, o Concello de Vimianzo fai un balance moi positivo do que vai de edición. Comezando pola variedade de propostas, cantidade e calidade das opcións, e por suposto pola súa boa acollida entre o público. Desde que comezou o programa 830 persoas puideron gozar das visitas guiadas, concertos, actividades infantís e rutas nocturnas. Estas foron sen dúbida as máis exitosas, xa que logo botaron o cartel de completo, non querendo excederse dun número máximo de incricións para que os visitantes puidesen gozar adecuadamente da actividade. No reconto total habería que incluír moitas máis persoas, xa que non se conta neste balance o número de asistentes ás visitas teatralizadas, polo que esta cifra superaría con creces o milleiro de persoas.

Outra das novidades deste ano que tivo moi boa acollida é a da visita guiada diaria ao castelo de Vimianzo, algo que o monumento requiría e que está a servir para que o visitante non visite o castelo só de paso, senón que se atreva a descubrir a vila ou outros recursos do propio concello. Con estas actividades estase a contribuír a un dos obxectivos cos que naceu este programa, alén da difusión e posta en valor do patrimonio, o desenvolvemento local e o aumento de persoas que escollen Vimianzo para comer ou comprar.

O castelo de Vimianzo é o centro de acollida de visitantes deste turismo cultural e por el pasaron 5.222 persoas en xullo, un incremento dun 5 por cento aproximado respecto ao ano pasado.

Un agosto intenso

Este fin de semana continúa o programa con dúas actividades destacadas: Desde Costa de Marfil, o concerto do coro de Saint Luc de Banabakintú o venres ás 19h30 e Megalitismo somerxido, unha especial ruta de catro quilómetros pola ribeira do Encoro da Fervenza visitando o espectacular dolmen de Pedra da Arca e as descoñecidas mámoas da necrópole megalítica da Fervenza. Para a ruta, que comeza ás 11h30, hai que inscribirse no correo electrónico turismo@vimianzo.gal

Alén diso o finde pode completarse coas visitas guiadas ao castelo de Vimianzo (12h e 19h) e aos batáns do Mosquetín (11h e 18h) e o domingo coa visita teatralizada dos Quinquilláns (13h e 17h).

Durante o resto do mes sucederanse actividades como a ruta guiada pola vila de Vimianzo o sábado das Festas do Verán, a noite co espírito de Evaristo Martelo, o concerto de Xoán Curiel no castelo, ou as actividades de arqueoloxía experimental “As Cores dos dolmens” en Pedra Cuberta e o obradoiro de cerámica galaica no castro das Barreiras, ambos de titularidade municipal.

Durante este mes de agosto e setembro os diferentes obradoiros de artesanía da Mostra ao Vivo do castelo saen ao patio de armas para que os visitantes poidan coñecer máis de perto o labor, proceso e mesmo practicar tamén e ser artesáns por un día. Todas as actividades poden consultarse nas redes sociais de Turismo de Vimianzo e na web www.vimianzo.gal/turismo

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2018 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X