A Consellería de Economía e Industria convoca Subvencións para o apoio ao crecemento empresarial mediante o fomento da investigación e a innovación empresarial. A convocatoria está dirixida a empresas que desenvolvan proxectos de innovación empresarial en materia de produto, loxística e xestión e a centros tecnolóxicos e clusters para o desenvolvemento de plataformas tecnolóxicas existentes en Galicia.
Procedementos subvencionables:
1. Clusters e centros tecnolóxicos que desenvolvan plataforas tecnolóxicas.
2. Empresas con personalidade xurídica que preparen proxectos que se van a presentar a convocatorias nacionais e internacionais.
3. Empresas con personalidade xurídica ou agrupacións de empresas para o financiamento de proxectos individuais e colaborativos de innovación tecnolóxica (proxectos CIT).
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes.
Convocatoria:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120417/AnuncioCA04-130412-0001_gl.pdf
Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello