Concello de Vimianzo
20 de xuño de 2013
O corazón da Terra de Soneira

Convocatorias

14-06-2012

FEUGA- Programa de Becas de Formación Profesional

A Fundación Empresa-Univerdidade Galega (FEUGA) é un medio para que a transferencia de coñecementos, a través de recursos humanos, circule coa empresa. Os programas de becas que ofrece, abren as portas de traballo para os estudantes e titulados recentes.

Co acordo establecido entre esta e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, unha empresa podría incorporar un titulado de FP entre dous e doce meses con custe de 617,01 €, cuxo tratamento fiscal será como donación.

As condicións que se indican para os os titulados de este nivel educativo poidan concurrir a estas bolsa son:
  • Titulados FP do sistema público educativo de Galicia
  • Menores de 30 anos
  • Menos de 3 anos dende a obtención do título
  • Non haber traballado profesionalmente
  • Inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia
Como deberá de proceder os titulados para acceder a estas becas? Terán que inscribirse no Servizo Público de Emprego e comunicarlles que desexan ser beneficiarios desta beca.

Como deberá de proceder a empresa? Contactando con FEUGA.

Máis información en:
www.feuga.es
feuga@feuga.es
R/ Lope Gómez de Marzoa, s/n
Campus Vida
15705 - Santiago de Compostela
Tel. 981 534 180
Fax 981 524 351