Concello de Vimianzo
20 de xuño de 2013
O corazón da Terra de Soneira

Convocatorias

26-06-2012

Axudas do IGAPE a proxectos emprendedores

O Igape convoca as Axudas aos proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores.

Serán subvencionables, cumprindo todos os requisitos das bases reguladoras, os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores para a ampliación do seu novo establecemento que cumpran os requisitos establecidos nestas bases reguladoras, entre eles:

a) Que non teñan comezado antes da presentación da solicitude de axuda.
b) Que presenten un custo subvencionable superior a 35.000 euros e non superior a 500.000 euros, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión; se o custo subvencionable resultase superior a 500.000 euros, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade.
c) Que os gastos e/ou investimentos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes finnaliza o 15 de novembro de 2012.