19-04-2012
Estadías de tempo libre para mulleres con responsabilidades familiares non compartidas
NORMATIVA: Resolución do 11 de abril de 2012, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.s. (DOG nº 72 de 16/04/2012)
OBXECTO: Convocar ata 95 prazas para facilitarlles ás mulleres que teñan fillas/os menores exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no que poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun contorno de lecer.
REQUISITOS:
- Ter fillas e/ou fillos a cargo exclusivamente con idades comprendidas entre os 2 e 12 anos, inclusive.
- Estar domiciliadas na comunidade autónoma de Galicia e, no caso de mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia ou tarxeta de réxime comunitario, segundo o caso.
- Dispoñer dunha renda que, tendo en conta todos os ingresos do conxunto da unidade familiar, divididos polo número de membros que a compoñen, non supere o SMI.
- Non padecer ela nin as fillas e/ou fillos que a acompañen, enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.
CRITERIOS DE VALORACIÓN:
- Número de fillas/os a cargo exclusivo da muller.
- Situación de discapacidade.
- Contía dos ingresos mensuais (renda da unidade familiar dividida polo nº de membros)
- Mulleres que acrediten ser ou ter sido vítimas de violencia de xénero nos últimos 3 ou 4 anos.
- Que non gozasen de programas iguais ou similares.
DOCUMENTACIÓN:
- Solicitude (anexo I).
- Copia cotexada do libro de familia, informe social, sentenza xudicial de custodia ou calquera outro documento acreditativo das fillas e/ou fillos a cargo.
- No caso de solicitantes extranxeiras, copia cotexada da tarxeta de residencia ou tarxeta de réxime comunitario.
- No caso de discapacidade da solicitante ou das súas fillas/fillo, copia cotexada do certificado acreditativos, agás no caso de que fora expedido pola Xunta de Galicia no desenvolvemento das súas funcións
- Declaración responsable da situación económica segundo o anexo II, xunto coa documentación que a xustifique.
- De ser o caso, informe do centro de acollida que acredite que a solicitante está a residir nel.
- Copia cotexada da tarxeta de demandante de emprego.
- Declaración responsable do desfrute do programa (anexo III)
- Acreditación da situación de violencia de xénero.
- Informe médico, tanto das mulleres como dos menores, no que conste que non padecen ningunha enfermidade que requira illamento e/ou impida a normal convivencia.
- Informe médico ou, se é o caso, dos servizos sociais, referido ás persoas dependentes da solicitante.
- Outra documentación acreditativa das situacións de especial necesidade ( tarjeta de demandante de emprego, informes e certificacións dos servizos sociais municipais, centros de información ás mulleres, responsable do centro de acollida, servizo de emprego...)
PRESTACIÓNS:
- Estadías de entre 7 e 10 días en réxime de pensión completa preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de xullo.
- Os gastos de aloxamento, manutención, monitoras e transporte desde o seu concello de orixe serán gratuítos para as persoas beneficiarias.
- As mulleres seleccionadas irán acompañadas das súas fillas/os menores, sempre que estas/es se atopen en idades comprendidas entre os 2 e 12 anos, ambos os dous inclusive.
LUGAR DE PRESENTACIÓN: Secretaría Xeral da Igualdade . No enderezo electrónico: https://sede.xunta.es
PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 16 de maio de 2012.
Descargas