Concello de Vimianzo
19 de xuño de 2013
O corazón da Terra de Soneira

Convocatorias

22-04-2012

Benestar en balnearios (Xunta de Galicia) 2012

Benestar en balnearios 2012

BENESTAR EN BALNEARIOS

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar convoca un total de 720 prazas para participar no Programa “ Benestar en Balnearios” 2012, a desenvolver nas quendas e nos balnearios que se relacionan.

A opción das prazas que se ofertan este ano corresponden a modalidade de “Balnearios” opción de “todo incluido”, e a selección farase nas Xefaturas Territoriais.

Persoas beneficiarias e requisitos: Para ser beneficiario deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:

  1. Ser maior de 65 anos, ou de 60 reunindo a condición de pensionista, na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes.
  2. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia
  3. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e atoparse en condicións de participar no Programa.
  4. Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais condutuais non compensados, que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.
  5. Precisar os tratamentos balneoterápicos solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
  6. Ter uns ingresos persoais mensuais, procedentes de pensións ou de calquera outro concepto, inferiores a 763,61 €.
  7. Efectuar a oportuna inscrición e pagamento do prezo estipulado, no prazo e termos que se establecen nos apartados que se indican na resolución.

Asi mesmo, poderán ser beneficiarios das prazas os cónxuxes ou os que acrediten relación análoga a conxugal dos que cumpran os requisitos anteriores, sempre que reunan as condicións dos apartados b), c), d), e),  f) e g).

Os requisitos establecidos nos apartados c), d) e e) acreditaranse mediante declaración responsable do estado de saúde efectuada no modelo que acompaña á solicitude.

Listaxe de quendas e banearios. Prezo da praza por destino para a/o participante

As persoas solicitantes poden pedir balnearios de calquera provincia, sendo o desprazamento por conta das beneficiarias. 

Balnearios     

Prezo por praza  
Balneario de Acuña. Caldas de Reis (Pontevedra)      370,64 €
Balneario de Arnoia. Arnoia (Ourense)      370,64 €
Balneario de Augas Santas. Ferreira de Pantón (Lugo)      391,76 €
Balneario de Baños da Brea. Vila de Cruces (Pontevedra)      370,64 €
Balneario de Baños de Molgas. Baños de Molgas (Ourense)310,88 €
Balneario de Caldelas de Tui.Tui (Pontevedra)310,88 €
Gran Balneario. O Carballiño (Ourense)310,88 €
Balneario de Carballo. Carballo (A Coruña)370,64 €
Termas de Cuntis. Cuntis (Pontevedra)391,76 €
Balneario de Laias. Cenlle (Ourense)391,76 €
Balneario de Lobios.Lobios (Ourense)370,64 €
Balneario do Río Pambre. Palas de Rei (Lugo)370,64 €
Balneario Termas Romanas. Lugo (Lugo)391,76 €

Documentación

  • Solicitude (aínda non dispoñible), na que se cubrirán todos os datos requiridos, tanto do solicitante como do cónxuxe ou acompañante cando proceda.
  • Fotocopia do DNI do solicitante e do cónxuxe ou acompañante se procede ( no caso de non asinar na solicitude a autorización para a súa consulta)
  • Declaración responsable do estado de saúde do solicitante e a do cónxuxe ou acompañante se procede, no apartado incluido na solicitude.

No caso de que dúas persoas queiran acudir xuntas ao mesmo destino e quenda, presentarán unha única solicitude, para a súa baremación conxunta.

Lugar de presentación: Área de Servizos Sociais do Concello de Vimianzo

Prazo de presentación: Ata o 11 de maio de 2012

Información gratuíta: Teléfono social: 900 333 666

Para máis información poden dirixirse aos Servizos Sociais do Concello, ou chamar ao teléfono 981707426.

Descargas