Patrimonio de Vimianzo
18 de novembro de 2017
Patrimonio de Vimianzo
Compartir:

CASA DE CULTURA

Enderezo:

Vimianzo - Vimianzo (A Coruña)

A Casa de Cultura de Vimianzo foi inaugurada no ano 2007. Conta cunhas amplas instalacións, de máis de 2.500 metros cadrados, nas que se desenvolve unha intensa actividade cultural durante todo o ano, o que fai que o Concello vimiancés sexa un referente cultural e deportivo en toda a comarca. 

Entre as súas principais estancias destaca un espectacular auditorio, de 400 butacas, e a biblioteca, con máis de 23.000 volumes.
Na planta baixa atópase a sala de exposicións Antón Mouzo, que lle debe o seu nome a este artista vimiancés falecido en 2007 con só 50 anos. Este espazo está adicado principalmente a divulgar o traballo de artistas locais.

O Concello vimiancés concentra na Casa de Cultura as actividades que se realizan durante todo o ano como actuacións musicais, baile, teatro, cine, exposicións, cursos… Fronte ao edificio érguese unha escultura en bronce adicada a todos os emigrantes galegos. 


CASA DE CULTURA


Vimianzo - Vimianzo (A Coruña)

Praza do Concello, 6, Vimianzo (A Coruña) CP 15 129. Tfno: 981716001. Fax 981 716 650.

Concello de Vimianzo
Deputación provincial da Coruña