Restaurante Santos

Polbo con Gambas

Ingredientes por persoa: 200 grs. de gambas peladas, 200 grs. de polbo, 2 dentes de allo, "guindilla" e aceite de oliva.

Preparación: Ponse nunha cazola de barro aceite de oliva virxe, os dentes de allo fileteados e a "guindilla". Cando o allo estea un pouco dourado engádenselle as gambas peladas. Cócense durante un minuto e engádese o polbo cocido con anterioridade e cortado en anacos. Bótaselle o sal e déixase cocer lentamente ata que estea no seu punto.

Lentellas Guisadas

Ingredientes por persoa: 250 grs. de lentellas, 300 grs. de carne de vitela e porco cortado en anacos pequenos, 2 chourizos, ½  cebola pequena, 2 dentes de allo, loureiro e unha cenoria troceada.

Preparación: Póñense en remollo as lentellas o día anterior. Ponse unha pota ao lume con auga quente e engádeselle as lentellas e a carne. Tamén se pon a cebola, os allos, a cenoria e o loureiro, o sal e a pementa (ao gusto) e déixase cocer lentamente durante 2 horas.

Media hora antes de rematar a cocción engádeselle os chourizos picados e próbase o sal e se están moi espesas engádeselle auga quente.

Bacallau á cazola

Ingredientes por persoa: un anaco de bacallau algo groso, aceite de oliva, cebola, chícharos, tomate triturado, patacas e pan relado.

Preparación:  Ponse a cazola ao lume co aceite,  a cebola, os chícharos e as patacas.  A continuación, córtase o bacallau, previamente desalgado, en pequenos anacos procurando sacarlle as espiñas. Ponse na cazola e déixaselle repousar uns minutos. Engádeselle o tomate e o pan relado. Déixase cocer lentamente ata que estea no seu punto.

Churrasco de Vitela

Ingredientes por persoa: 500 gr. de costela de tenreira galega de calidade suprema e sal.

Preparación: Prepárase a grella cunha brasa. Cando esta estea ben quente ponse enriba a tira de costela procurando que a altura da grella e a cantidade de calor sexan as axeitadas, é dicir, se a grella está moi baixa e hai moita cantidade de calor, pódese queimar ao apurar demasiado tempo de braseado, depende do grosor da tira e do gusto do consumidor (máis ou menos feita).

Pódese acompañar con chourizo criollo, patacas fritidas, ensalada e coa salsa especial de elaboración propia.