Museo Virtual do Mar á Terra

Museo Virtual do Mar á Terra

A guía virtual supón a visualización do territorio e dos seus recursos como nunca antes fora posible. A través de fotografías interactivas 360 HD, a aplicación ofrece información histórica sobre cada un dos 16 puntos de interese seleccionados para o proxecto que teñen lazos coa identidade marítima do Concello.

A partir dun mapa interactivo cun xeo visor do territorio, o visitante visualizará varios iconos que amosan os diversos puntos de interese. Ao pinchar en cada seu punto, a web remitirá a unha foto de 360º HD na que o usuario poderá navegar nun espazo virtual, onde se sinalizan lugares e se ofrece información visual, textual e audio guías.

Ligazóns