Castelo Vivo - Visitas guiadas

Castelo Vivo

A vella fortaleza, testemuña de numerosos acontecementos históricos, preséntase na actualidade como un espazo vivo e dinámico aberto á sociedade como centro para o desfrute cultural, onde poderemos coñecer a súa historia a través de variadas propostas, participar de interesantes eventos culturais, encontros ou obradoiros. Alén diso, o Castelo acolle no seu interior, un centro de produción e venda de artesanía comarcal.

Axenda

Mércores 22 de agosto - 11h 
Bordar o liño!
O textil artesán destaca polos seus elaborados e fermosos detalles. Neste obradoiro poderás seguir paso a paso a elaboración de vainicas, unha refinada técnica destinada a adornar as roupas máis elegantes, con fío de liño.
Asociación cultural do Santiaguiño de Carreira

Sábado 1 de setembro - 16h 
Barcos e nasas

A maquetería é a arte de recrear en reducido tamaño todo tipo de obxectos ou realidades materiais. Chema Suárez un mariñeiro retirado, rememora a través da reprodución artesanal de barcos, nasas e outras artes de pesca unha vida ligada ao mar na Costa da Morte. 
Chema Suárez. Obradoiro aberto

Venres 14 de setembro - 12h 
A arte de reciclar.

A asociación Aspadex valese da artesanía para reivindicar a integración social dos seus asociados con discapacidade intelectual. No obradoiro aberto  compartirán as técnicas para elaborar bolsas con material reciclado. A artesanía cumplirá así unha dobre función de concienciación social e ambiental.

Domingo 15 de setembro - 18h
Desfile do liño

A fibra de liño xogou un destacado papel na historia de Galicia, chegando a ser un dos produtos máis exportados do país e a súa confección unha das artesanías máis recoñecidas. A recuperación do procesado de liño lembra a tradición e mira o futuro presentando vangardistas coleccións de moda como as que se presentarán nun glamouroso desfile no patio de armas do Castelo.

Visitas guiadas e teatralizadas

Visitas guiadas ao castelo

Para explorar todos os recantos e coñecer cada relato, o Concello de Vimianzo ofrece diferentes propostas e itinerarios ideados e adaptados para os distintos grupos e intereses, dende grupos escolares, asociacións ou visitantes particulares, todos seredes benvidos.

As visitas guiadas e teatralizadas son gratuítas. 

VISITAS GUIADAS VERÁN 2018

Até o 30 de setembro

  • Sábados e domingos - 12h / 19h
Ademais en xullo e agosto...
  • Todos os días (excepto luns) - 12h

VISITAS GUIADAS PARA GRUPOS - TODO O ANO

Os grupos interesados deberán reservar e consultar a dispoñibilidade para a visita no seguinte contacto.

 Información e reservas: 981 716 001 (ext 1235).  turismo@vimianzo.gal

Grupos mínimos de 7 persoas. Actividade de balde

VISITAS TEATRALIZADAS

Xullo e agosto

  • Domingo - 13h / 17h


Audioguías

Castelo con auriculares: logo da app

O servizo de audioguías ofrece a posibilidade de percorrer o castelo atendendo a súa narración a través do noso teléfono móbil descargando a app do Castelo

APP ANDROID

APP APPLE

Mostra de artesanía ao vivo

Muller traballa no tear ante la atenta mirada de un niño

O espazo dedicado ao traballo e produción de manufacturas recupera e reivindica as técnicas e os oficios de tradición artesanal. Confeccións que forman parte do noso legado cultural e ao que poderemos asomarnos nesta mostra permanente de artesanía ao vivo.

Horario de apertura

Asalto ao Castelo

Un grupo de xente aproximase ao Castelo portando antorchas durante a festa do Asalto

O Asalto ao Castelo de Vimianzo é unha festa que se celebra o primeiro sábado de xullo desde hai 20 anos. Esta celebración é froito do traballo das asociacións da vila, Cherinkas e Axvalso. O Asalto recrea as Revoltas Irmandiñas que asolaron Galicia no século XV, trasladando estas revoltas ao presente ofrécese un amplo abano de personaxes e situacións que dalgunha maneira simbolizan as inxustizas do mundo moderno e amosan os problemas do mundo actual.

Sábado 7 de xullo de 2018
www.asaltoaocastelo.org

Contacto

Oficina de Información Turística de Vimianzo

Casa Consistorial

Praza do Concello, 6

turismo@vimianzo.gal

981716001 (ext. 1235)

 

Castelo de Vimianzo

Rúa da Torre

981716354