RUTAS A PÉ

RUTA ÓS PENEDOS DE PASARELA

Penedo coñecido como A Aguía

A ruta internase na Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela, declarada no 2009 polo seu interese xeolóxico e xeomórfico, o camiñante observará o esculpir caprichoso da natureza nos seus rochedos así como as formidables vistas dende os cumios.

Lonxitude: 11 km

Percorrido: Lineal

Dificultade: Media  

+info

RUTA DOS MUÍÑOS DE CAMBEDA

Ponte do Vao das Areas

O seu percorrido conecta coa ruta do Val de Vimianzo no seu tramo leste continuando pola beira do río Cambeda. Transita ante o pazo de Trasouteiro, o afamado hórreo de Cambeda e outras manifestacións culturais como muíños e alvarizas. Ademais sorprende ó camiñante a frescura do bosque de ribeira e a alegría dos constantes saltos de auga do río.

Lonxitude: 12 km

Percorrido: Circular

Dificultade: Media con tramos de dificultade media alta


+info.

RUTA DO VAL DE VIMIANZO

Pazo de Trasariz

Nome da ruta: Ruta do Val de Vimianzo

Descrición: Ruta de alto interese histórico e cultural, toma como punto de referencia o Castelo medieval, achegase ó pazo de Trasariz e visita outros enclaves como o castro das Barreiras ou a igrexa e hórreo de Cambeda.

Lonxitude: 11,4 km

Percorrido: Circular

Dificultade: Fácil

Máis información

Descargas